sexta-feira, maio 18, 2007


MEU IRMAU SANTOS
Hoxe estou bastante anoxado e quizais non debería de escribir nada pero cando mais axiña aclare e desminta o seguinte mellor.
Chegaron os meus oídos certos comentarios que andan circulando estes días de campaña electoral pola nosa vila.
Eu sabía que a politica podía chegar a ser noxenta e tamén sabía que, por desgracia, a mentira no xogo político esta a orde do día. Bulos e falacias escoitanse todos os días e xa se considera como normal agora ben eu non consinto que se intente perxudicar a un membro da miña familia inventando cousas relacionadas comigo e aínda por riba tentar difundilas por ahi endiante.
Non sei quen foi o trazante ou trazantes pero prefiro non sabelo.
Seica eu e meu irmau, integrante dunha das listas que concorren as vindeiras municipais, nos levamos mal por discrepancias políticas, seica meu pai está anoxado comigo por idéntica cuestión. E moitas cousas mais que é mellor obviar.
Eu podo aguantar un vacile sano de calquera sin ningún problema agora ben isto pasa de castaño a escuro, meterse coa familia para desacreditar a un candidato é bastante triste e non o vou consentir.
Non quería falar de política neste blog, queríame manter á marxe pero as circunstancias mandan e non vou permanecer calado ante o que considero unha inxustiza e unha falta de ética.
Eu débolle todo nesta vida a miña familia, tanto a meu pai coma a meu irmau. Non sería o mesmo sen o seu apoio, os seus sabios consellos e a súa constante axuda. Ë bastante feo que o diga eu pero consideros excelentes persoas, e o pobo tamén.
Nesta vida, por desgracia, xa pasamos unhas cuantas xuntos que non lle desexo nin ó peor inimigo e sempre nos comportamos como unha piña, como debe de ser, coido.
E nesta ocasión seguirá sendo así meu irmau ten o meu total apoio e el xa fai que o sabe. Indesexables hainos en tódolos sitios e lugares pero xa vos aviso que as faladorías levaas o vento e o que quedan son as obras.
Sempre se dixo que a muller do César non lle chegaba con ser honrada senón que aínda por riba tiña que parecelo.
De que vale que sexas honrado se calquera pode facer moito mal cun simple comentario que se fai grande polo sistema da bola de neve.
Non estaría mal que estos días se repasase a definición de Democracia, palabra hoxendía en desuso.

31 comentários:

Anónimo disse...

Non o entendo. De verdade. ¿Acaso na mesma casa tódalas persoas teñen que ter a mesma ideoloxía política? ¿Dende cando iso é un problema? É como se a un irmán se lle dar por ser do Barça e a outro do Madrid. As discrepancias non son negativas en si mesmas, e sen diversidade de opinións as culturas desaparecerían, polo que non entrarei en discutir a situación da túa familia, Riki, eu preguntaría mais ben (e con tódolos respectos): ¿a quen carallo lle importa?
Cada un que se meta no seu, e andar a inventar andrómenas non é algo polo que ninguén se teña que sentir orgulloso.

Cambiando un pouco de tema: ¡a foto que puxeches no post mola un huevo!

FIZ disse...

Efectivamente os seus sabios consellos fixeron mella na túa propia persoa, conseguendo manter a calma e facendo uso das túas "democráticas" e tranquilas verbas.
Unha boa lección.
ÁNIMO Compañeiro.

Intenta rirte o máximo que poidas de todo iso.

Que mágoa que ó final che fixeran falar de política.

Por certo. Que non cho dixera. O 27 deste mes voume casar e gústaríame moito que viñeses á ceremonia (Oficiada por unha pastora Anglicana) alén do canal. Xa che mando a invitación.
SALUD

P.D: Preciosa foto.

Anónimo disse...

La calumnia es el arma de los cobardes, recurso del factótum y herramienta de la impoténcia. Un fuerte abrazo para tí, tu hermano y tu padre, bien sabeis que os estimo mucho. No dejes que los vientos de otros mares manejen tu barco y lo lleven a playas desiertas de belleza.

Anónimo disse...

Todo Melide sabe que Santos é sinónimo de boa xente, eu diría espectacular, mellor dito caralluda! e o que non sexa coñecedor deste feito... meu pobriño. Saudos Meu!

coche disse...

boas camarada riki
sabes,igual ca min,que o cancro destos pequenos povos é o cotilleo,o falar sen coñecemento de causa...simplemente polo feito de facer dano a aquelas persoas as que por unha ou outra cousa se lles ten envexa.
Non deixes que esto che afecte porque por riba de todo están as persoas e vós demostráchedelo en múltiples ocasións.
Non me importa a quen votes nos vindeiros comicios e quero que saibas que en min sempre terás un amigo...non o dubides.Dicia Castelao que as persoas primeiro e as ideas despois marcan fitos históricos...Loita por eles. Animo campión.Coche
PD:tesme moi cabreado,ainda non vin o meu blog nas túas ligazóns

Ghaiteira disse...

Como ben di Coche éche o que teñen os pobos pequenos, un día vente facer calquer cousa (unha man) e ao seguinte xa seica estabas facendo o doble (un brazo ou corpo enteiro se me apuras). Pero mira, a xente que fala así está claro que non é de moito fiar e sobre todo que non vos coñecen, porque reitero as verbas de Luisma, a casa de Santos e sinónimo de boa xente, eso sábeo todo o pobo. E como din Treixadura "se chove, deixa chover..."

Saúd0s!

Anónimo disse...

riki non sabia nada, nos tempos de eleccions, sempre ai contos non fagas caso, sigue na tua linea e pasa de todo, un saludo

Anónimo disse...

por certo riki ferreiro gañou a proba de cantabria, saiz saleuse da carretera

pepetrola disse...

Doutor, déixaos falar! Que morran coa envexa. Eso é o que vos teñen, meus pobres! "A palabras necias oídos xordos"

Rite, carallo!!! e pasa de eles que son miserentos que non saben que han facer e como han medrar. A envexa éche moi mala compañeira e non cho saben.

Gustoume moito está frase túa:

"Indesexables hainos en tódolos sitios e lugares pero xa vos aviso que as faladorías levaas o vento e o que quedan son as obras."

Non hai cousa máis certa, meu amigo. Deixa falar os porcos que ranchéan coa fame.

Ti ben sabes que non hai cousa máis importante que a familia, e eles nin eso teñen, nin eso saben.

Un saúdo, Doutor!

Anónimo disse...

Aprendimos a voar coma os paxaros, aprendimos a nadar coma os peixes.. pero non aprendimos o arte de vivir coma irmaos!

carlinhos disse...

Á merda a política Riki e recorda que temos unha investigación pendente... ¿cantos ferrados hai dende o Marco ata o Coto? :D Ánimo!

Anónimo disse...

Gracias a todos polos vosos grandes comentarios, Marcus (canta razón tes), Fiz (dende Inglaterra, xa me explicaras ben o da voda), a Huangho (sempre estás ahi meu), Luisma ( que agora non caio quen é), a Coche (xa che poño o enlace agora mesmo, a preguiza é mala compañeira¡¡¡)a Ghaiteira (outra incondicional, gustoume o de Treixadura), a Sando (vecinho, e sí, Ferreiro gañou a sua primeia proba do nacional), a Pepetrola de Sobrado (Tes razón no de rir, pero e que o collín pola tremenda oh), M.Luther King (aínda vives carallo¡¡), e a Carlos (vamos ter que pregunarlle a quen ti sabes que seguramente teña moi ben estudiado o dos ferrados , jeje, por certo en Melide son 536 m2 en Palas 604 m2 creo).
Pois eso gracias a tod@s e dicrvos que cavilei moito en facer ou non facer o post, pero foi positivo porque me serviu para desafogar, non sei quen é o que me quere "meter jerra" na casa pero está claro que non o vai conseguir.
Veña meus non cambiedes nunca¡¡¡

FIZ disse...

Vale...recoñézoo....O da voda foiche unha falacia para ver se conseguía que non estiveras na terra o día das eleccións.XXD...

Mais ben sabes que as portas de Weston están abertas para vostede en canto considere oportuno. Con ou SEN Voda.
Un bico doutor.

P.D: Coche....¿Como non avisaches antes do do teu blogue?? En canto teña a dirección estás desde XA na miña lista. Saudos.

Anónimo disse...

No informativo da Sexta, das oito da tarde do 20 de maio, acaban de dar unha reportaxe acerca dos irmáns Balado, de Castro de Rey, que concorren ás eleccións do domingo por PSOE e PP, respectivamente. A esto todavía suman un primo carnal que vai na lista do BNG. Como anécdota persoal podo dicirche que os meus avós combatiron na Guerra Civil en canseu bando, o que non foi problema para que mantiveran despois unha grande relación que todavía perdura entre as dúas ramas da familia (Arriba Villantime)

Anónimo disse...

Eu o que digo é que me gusta moito esto de que se mezcle o corazón e a política, en Melide temos que poñernos o dia en eso tamén.

En canto o teu caso concreto, pensa que te estás sacrificando para que moita xente o pase ben criticando, é unha boa obra e non tes que mover un dedo.

Anónimo disse...

Hola, son Sabela, non me podo crer o do teu comentario, simplemente podo decir que tocoume a mellor familia que me podeu tocar, e como dis ti, sempre unidos nos malos e nos bos momentos. Moitos bicos. E moita sorte a Santos na sua andadura.

Anónimo disse...

O problema ven cando unha xente non entende que un irmao apoie a outro, pasando da política e crea nel mais q nas siglas dos partidos. E invente historias para dar unha falsa imaxe.Unha aperta ós dous armarios, sodes un exemplo p moitos.

citizenerased disse...

Acabo de ler esto.PASA DA "XENTE".Volveuse a consolidar neste pobo o cotelleo coma unha arma que fai máis dano do que asemella.E se che digo a verdade,aplaudo a tua honestidade á hora de escribir estas verbas que como ben déches a entender non son do teu agrado(nin do noso).
Riki,sabes que tes o apoio(que forte soa...)da comunidade "blog" de melide e arredores.Ademáis ,ós que te coñecemos non nos tes que desmentir nada...
Un saúdo.

Xaquin disse...

Que grande riki esa foto vale millóns, que entrañable.
Non te arrepintas por teren escrito esas verbas tes todo o dereito a amolarte, xa sabes como van as cousas en épocas de elccións (a nai dun bebe, outro quédase con cartos de actos públicos...).
Tódolos anos e o mesmo sinto que agora che tocase a ti.

Comentar que a política esta sobrevalorada, sempre as persoas nunca as ideoloxías.

Como representativo dicir ca miña moza non comparte a miña forma de veren estas cousas e iso non impide que nos queramos, faltaría máis.

A lareira de Santiso disse...

Boas Riki,
eu estiven dende os 18, acabados de cumprir, en listas municipais en Santiso, e sobra dicir que a política é dura, dende dentro e dende fóra. Á marxe diso, que non creo que sexa o tema deste blog, está o mundo das relacións entre as persoas. Non coñecía a Santos ata que esto dos blogs me deu a oportunidade. Contigo nunca falei persoalmente, aínda que nos lemos a miúdo. Así que, nada máis ca dicirche que me encanta a foto, que tes un corazón coma un mundo e que o único que paga a pena da vida é o cariño da xente que te quere.
Unha aperta santisiana

Anónimo disse...

eu comparto o 100% o que dixo Xaquin, ademáis quen te coñeza sabe que e imposible que te leves mal con alguén. Unha aperta

Anónimo disse...

bueno riki, parece mentira que lle des importancia a estas subnormalidades.
A un podelle joder mais ou menos que seu irman vaia nunha ou noutra lista. pode levarse ben ou mal con el. pero todos temos claro (eu incluso teño bromeado contigo desto) que se ti te levas de puta madre co teu irman, e coñecendote, non deixarias de facelo por que vaia na lista das gaivotas.
Eso é unha das cousas que fan de ti un tipo de puta madre.
animo e adiante, que a peste esta de campaña xa remata dentro dunha semana

Anónimo disse...

riki tranki o final entraches ao trapo de este(p...)pueblo , nin caso ti , teu irman e teu pai sodes unhas excelentes persoas e por culpa da politica nn ides a cambiar si este comentario que fas serviu para desafogar esta ben pero ao mellor os comentarios que oes por ahi era para sacarvos das casillas dende aki peke e eu damosche un saudo e nn cambies pasa dos comentarios que os leve o vento ou quen queira para seguide unidos unha apreta e un biko moi grande.

Anónimo disse...

SI SI SI SOMOS DE MELLI!!!!!!!!!!!

Anónimo disse...

Bueno a ver por onde empezo,
David (gracias polos teus datos precisos), Aniceto (nunca cambies a tua retranca), Sabela (tranquila miña prima), Anónimo (moloume o dos dous armarios, pero esaxeras no de "somos un exemplo" jejej), Citizenerased ("comunidade-blog", jeje ese josi), Xaquín (gustouche a foto eh, jeje, vaia tempos), Vanessa de Santiso (obrigado polos "comments" e seguimonos lendo), Pájaro (obrigado tamén meu), Fandi (unha aperta forte, sí, poida que picara, pero aquela hora estaba fodido, non estaba afeito a estas movidas...e entrei o trapo cousas que pasan), peke-chiki (vaia parella jajja, gracias meus, ajiareime por vos compañeiros), e a Melidao (que sí, que sí somos e seremos).
En definitiva gracias a todos polos comentarios, sodes moito meus, non sabedes o que aforrei en psicologo gracias ó blog e cos vosos consellos.
NON CAMBIEDES XENTIÑA E OBRIGADO.

Anónimo disse...

Riki non ti preocupare, este tipo de faladurias sempre acaban caendo en saco roto, a min particularmente a política non me gusta e un dos motivos e por cousas tan mezquinas coma estas...

De calquera forma encantoume a túa reacción, clara, contundente e de forma directa como ten que ser nun asunto que non só che afecta a ti senon tamén a tua familia.

Ainda que, os que te coñecemos e te estimamos, xámais poderíamos crer tal falacia, xa que ti eres incapaz de levarte mal con ninguén para canto máis con teu irmán e teu pai, cos cales me consta que te une unha relación de armonía cuasi-perfecta no ámbito laboral e mellor no afectivo.

Dende aquí o meu máximo apoio o meu amigo Riki, e tamén o meu máis elevado rechazo a xente que levanta este tipo de bulos tan miserables e de absoluto mal gusto.

Riki unha aperta, ESTÍMOTE.

Anónimo disse...

Gracias Tarrío, agradécense as túas cariñosas palabras.
Veña, eu tamén te estimo, jejje.

Nu disse...

Antes de nada, boas a todos. Esta é a primeira vez que vou aportar algo a este blogue( ainda q só sexa a miña humilde opinión ). Mira que non saber eu desto...Ainda me enterei esta semana de que ti, Riki, tiñas un blogue e o mesmo me pasou con Coche. Alégrome un montón e paréceme unha idea xenial poder manifestar todos aquí as nosas opinións, dúbidas...inclusive as nosas paranoias. A partir de agora, contade comigo! Ainda q non escriba moito, seguro q vos estarei lendo.Bueno, ó q ía q ainda me vou acabar emocionando ( como na boda, eh Tarrío ). Eu quería deixar aquí a miña opinión sobre os comentarios que circulan por Melide. Primeiro dicir q eu non oín nada desto ( tampouco me entero de moito, a verdade ), pero q se eso é certo que me parece fatal que a xente fale por falar. Eso é típico nos pobos: falar por facer dano. Pero tamén é típico da xente q leva unha vida aburrida e ten moito tempo libre para maquinar historias. Non tes que darlle importancia, Riki, ademais PARA NADA. Sabes q? A política tm serve para coñecer á xente que che rodea. Explícome: cando unha persoa se mete en política, sáenlle amigos por todas partes. Pero tamén inimigos. Moita xente q pensabas q era a túa amiga, daste conta de que non te apoia. Así que, xa sabes...ás veces é bo levarse batacazos porque a base deles coñeces ben á xente que che rodea. E sempre ven ben ( por moito dano q faga ) saber con quen podes contar. Eu mándoche mil biquiños e dígoche que non fagas caso da mala xente que esa sobra e que te rodees SEMPRE da xente á que queres e da que te queré que, estou segura, é MOITA. Ánimo, Riki. Biquiños. Nuria.

Anónimo disse...

riki,melide mola ,e a sua xente tamen pero sabes q non todo pode ser bo,moita festa,amigos e viños,di miña abu q as veces e mellor calar,e eu q outras,non escoitar...non?vinte doido xq sabes q todos te queremos ben e quero dicirche q non pasou nada,ou millor,que isto pasou sempre......xa sabes...bueno mil bkos e un berro cibernetico:riki:"SON POCOS Y COBARRRRDES!"

Anónimo disse...

joe!escribin agora como "fan" de riki pero non podo deixar isto asi dende q vin q un rapaz juapo juapo anda por aki,non se despeina ó entrenar co CIRE e ,oe, eso vale moito e?TARRIO !FAI UNHA WEB !na q se te vexa ben !je je!sintoo tarri,tiven q facelo!veña ,riki temos q facer algo pa q este homiño teña un clube de "funs"!ji ji,CON JAVI TARRIO,MAÑANA YO ME LIO!riki ,aprende, esta é a nova ........ja ja ja,xa sabes quen son!baila morena!muak

Anónimo disse...

chego algo tarde,pero fai pouco q entrei no maravilloso mundo dos blogges, so quero decirche que me emocionou moito o que escribiches, que nunca fagan q perdas a confiaza no teu irmao, e menos por política, as ideas veñen e van, pero nunca ninguén te vai querer máis que teu pai e teu irmao.nas elecciós pasadas dixéronme a min que un dos cabeza de lista lle pegaba a seus fillos, cando alguén é capaz de decir iso é que perdimos toda vergoña e decencia, e que a cambio dun posto no Concello se fai calquer cousa. non vos separedes nunca, eu non coñezo moito aos santos(jrande e pequeno)pero en casa mosquito sempre foi: de casa santos ao ceo!! un saúdo e miles de apertas