quinta-feira, junho 21, 2007

AXENDA FIN DE SEMANA
Venres 22 (Feira en Arzúa). Dende as terras do Deza, chega a festa por excelencia, chega o celtic-punk de MOTOR PERKINS, que irán desgranando os seus temas a ritmo de gasoil, pero nós encenderemos coma a gasolina. Nani dixit.
Sábado 23. Noite meiga.
- Noite de San Xoán (e que non me morda nin cadela nin can) veñen dende A Coruña LOS CRUELES, con todo o aroma do seu rocanrol máis clásico, casi diría que rozando o blues. Nani dixit again.
-San Xoán en Visantoña, orquesta "Iris"
-San Xoán en Furelos, orquesta "Ría de Arosa"
Melide e a comarca tamén se encherán (jeje) de xente ó redor das tradicionais cacharelas, sardiñadas, churrascadas etc, propias na noite mais curta do ano (seica científicamente non é, pero queda ben).
Cuidado coas cancelas e os carros. Recollede os estalotes, carretade madeira para as luminarias (supoño que hoxe será un atentado ecolóxico pero non fai moitos anos as luminarias mais potentes medíanse polo número de rodas que tiña cadansúa, ;) ), facede os saltos de rigos etcétera etcétera.
Non sei si este ano actua Suso de Boente na chocolatada das Amas de Casa, como viña sendo habitual estes anos, ó caron da Capela de San Roque.
Sabado 23 ás 20.00 da tarde no campo de Santa Isabel, en Santiago, o Santiso de xuvenís disputará a final da Copa do Sar. Sorte rapaces.
Domingo 24.-San Xoán en Visantoña coa orquestra "Samba"
San Xoán en Furelos coa orquestra "Ría de Arosa"(se non me engano non é unha errata coido que repiten coa mesma orquestra)
Domingo 24.- Ás 18.30 Veteranos do SuperDépor Vs Veteranos MELIVET. Presentación do clube Atlético Melide.
Sorte na vosa andaina Atlético.
Tamén este fin de semana disputase en Ourense a quinta proba do Nacional de Asfalto.
Por terras ourensanas estará o noso gran piloto Jesús Ferreiro axudado ó seu carón polo ferrolán Roberto Lorenzo en labores de copiloto e de todo o equipo Motor Melide Sport. Sorte a Suso para este rallye no que á competencia directa en históricos é o madrileño, irmau de Carlos Sainz, Antonio Sainz que co copilto Javier Martínez-Cattaneo e ós mandos, desta volta cun RENAULT 5 Copa Turbo (Debido a que na proba de Cantabria desfixo o Escort Rs1600) competirá no equipo Caja Madrdid-Amazon Sport.

1 comentário:

Ghaiteira disse...

Está Suso de Boente, está. Non pode faltar co seu "fue a la nevera y se comió mi salchichón" que tanto nos fixo rir por esta noite fai dous anos.
Bueno, suerte y a la hoguera! Xa sabedes, saltar número impar de veces e pedir desexo.
Ala!