FERREIRO: "PÓDESE IR MAIS RÁPIDO, PERO NON MAIS DE LADO"
En torno a 50.000 persoas, segundo o Faro de Vigo, seguiron o sábado o Rally das Rías Baixas e polo que vexo nos foros de internet relacionados co tema do motor, por exemplo o de Curuxa Rallye, a proba resultou ser exitosas ó cento por cento. Grandes pilotos, boa organización e algo que lle faltaba o nacional, o espectáculo do Ford Escort MK2 Tración traseira de Ferreiro. O piloto galego mais querido non defraudou e deuno todo en cada curva.
Youtube estase infectando ás poucas horas do rallye de videos onde se mostra a calidade do melidán.
Neste que vos poño en concreto e da mesma curva que o que vos puxen onte pero visto dende arriba, pasan dous coches antes e fíxadevos como se quenta a peña cando se escoitan os motores do Escort:
segunda-feira, junho 04, 2007
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
4 comentários:
Coma dixo o do video anterior.....
"QUE BUENO".......QUE BUENOOOOOO
Quédate co que di a tipiña ó final do vídeo "qué pasada tío..." :)
Pois si pos que estamos metidos nos rallyes, enche de orgullo que xente de todo o pais nos pregunte por Ferreiro, o home que non sabe ir direito!
Ben posta a orella, Fiz e Carlos. jejeje. Que bueno, que pasada, si señor.
Para os o coñque xa coñeciamos non nos sorprende nada del, por eso xa era hora de que o recoñeceran, sobre todo por fora de Galicia, o enorme piloto que é.
Foi tamén unha pasada que a pouco de concluír o rallye xa había polo menos catro ou cinco videos no Youtube adicados a el en exclusiva, de todo un rallye nacional.
En foros de internet relacionados hai comentarios a esgalla reltatando que disfrutaron a tope con Ferreiro, e mais no Rías, que seica é dos mellores rallyes, moi ben organizado e con bos tramos para o espectáculo.
E estou con Adrián, encheche o peito de orgullo, cando che din por alí, de onde eres?. de Melide?, ah... no conocerás a Ferreiro el de los Rallyes, es la oxtia... jajjajaj
A min tenme pasado, aínda que o mais normal e que che pregunten, ti digas Melide, e o interlocutor despistado o relacione con Lugo e entón tes que tomar como referencia a Arzúa, aínda que o paisano non teña nin idea de onde está polo menos oiron falar da Festa do queixo.
Eche o que hai, veña meus.
Ah un saúdo a Vitor de Palas e ó Curuxas Team, que non se perden unha, forofos de Vilariño que este ano empezou moi ben no Galego, e está segundo na xeral.
Enviar um comentário