quarta-feira, junho 13, 2007


NOVO PREMIO PARA OS ALUMNOS DO IES DE MELIDE
Un premio convocado polo Parlamento de Galicia é o último "título" do Instituto de Ensino Secundario de Melide, e de novo son alumnos de bioloxía e xeoloxía con temas relacionas co medio ambiente quenes o acadan.
Desta volta ata prantexaron un proxecto de lei e teran que defendelo no estrado do Hórreo. Tedes mais información picando na nova da Voz.

5 comentários:

A lareira de Santiso disse...

Parabén ao noso IES. Quen volvera alí! Época creativa e festeira coma poucas...

Anónimo disse...

como me alegro da noticia¡¡¡ que se sepa ben¡¡¡ que o noso IES e dos mellores , e asi o demostra cada ano na moribunda selectividade ,que e un dos mais validos tanto en aprobados como en notas¡¡¡¡ , que por certo hoxe se estan evaluando na dita proba , que mal se pasa eh¡¡¡¡ , moita sorte a todos ¡¡¡

Anónimo disse...

Éche boa verdade quen volvera.....ó instituto, porque a selectividade... jajjaja, para todos os que andan estes días a voltas co tema por santiago sorte que seguro que aprobades.

Anónimo disse...

Parabéns aos rapaces e en especial a miña irmá que coido que andaba ahí no fregao jejeje..Algun dos dous tiña que ser o bo da familia..

Anónimo disse...

n´oraboa ao ies melide polo títalo, mais bueno, eu creo que estas cousas non deixan de ser unha parvada tremejante...