O "JEFE" DOS RALLYES
Vamos aparcar aínda que só sexa por unhos momentos a polémica futboleira local e vamos falar de deporte. Deporte de competición. Deporte de motor. Deporte ó fin e ó cabo.
E claro se falamos de motor en Melide de qúen temos que falar?, sí acertastedes de Xesús Ferreiro e a súa escudería Motor Melide Sport que voltaron lamber as meles do éxito na 40º edición do Rallye de Ourense. Primeiros en Históricos e decimoséptimos na xeral foi o resultado acadado na terra da chispa. Rallye complicado onde abandoaron moitos favoritos e con tramos realmente espectaculares, fálase do do Canón do Sil como un dos mais fermosos do Nacional.
Non foi todo un camiño de rosas para Suso e o seu equipo que nada mais comezar tiveron un par de sustos que as numerosas cámaras dos afeccionados recolleron e logo colgaron en Youtube:
Como vedes Ferreiro precisou da axuda dos siareiros para saír desta javia en Penacorneira despois de derrapar nunha curva chea de pedras.
Este de abaixo foi grabado no primeiro tramo entre Toén e Castrelos o Mk2 entrou na cuneta e costoulle moito saír, o fume que se ve pode ser debido o contacto entre o escape e a herba seca da zona.
Pero o "jefe dos rallyes" como é calificado no seguinte video sempre deixa un bo sabor de boca na aficción:
Xa que andamos poñendo videos, flipei bastante ó ver este que lle adicaron os seguidores cántabros despois do Rallye Cantabria Infinita. Trátase dunha recopilación dos videos das mellores pasadas de Ferreiro neste rallye do nacional e leva por título "CRUZADA INFINITA". Disfrutádeo:
Impresionante non si?, vaia "fiera"¡¡¡
O próximo rallye do Nacional será de novo en Galicia desta volta na segunda patria de Ferreiro e terra do seu copiloto Roberto Lorenzo, Ferrol. Será a última oportunidade de ver o noso piloto en terras galegas, pero antes disto esté Sábado ás 19.00 no Recinto Feiral de Vigo en Cotogrande, Ferreiro estará no Galiexpo Motor Show, unha cita ineludible para os afeccionados do motor que ten como gran novidade este ano a 1º edición do Trofeo Rallye Show onde pilotos como o xa citado Ferreiro, Vallejo, Solá ou Oriol Gómez enfrontáranse pero non baixo as directrices dun cronometro, senón que será o espectáculo que realicen o parametro a valorar. O propio público votará o que considere mellor. A verdade é que a cousa promete e moito. Sorte Suso e equipo, estamos realmente orgullosos de vós.
quarta-feira, junho 27, 2007
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 comentários:
SI REALMENTE ESTAMOS MOI ORGULLOSOS DEL E DA XENTE QUE O ACOMPAÑA¡¡¡ a verdade e que temos un autentico " jefe " en melide , que sexa por moitisimos anos mais ¡¡¡ A MIÑA NORABOA EN SERIO .. COMO ME GUSTOU, VEREMONOS EN FERROL¡¡
ENORABOA polo logro e a seguir asi jdr¡¡¡¡ de p.m.
Riki dixeronme k o outro dia te enxeras de merda en furellos.¿e certo? seica o van poñer en youtube. Se e verda agradeceriaxe que me dixeras como se titula...
Enviar um comentário