segunda-feira, junho 25, 2007
RUTINA DOS LUNS
Os luns son días que poderían levar todo tipo de calificativos e seguramente poucos positivos, pero se hai algo bó nos luns e tomar un café e coller o xornal, neste caso La Voz, e empezalo a ler pola última páxina. Teño esa costume, non sei se será porque quero fuxir das malas novas que case sempre veñen en portada e dos sucesos das primeiras follas.
O xornalista Nacho Mirás é o encargado da última dos luns , e nela fai unhas entrevistas cun estilo moi fresco a persoeiros de todo tipo da nosa comunidade titulada "A cara b".
Esto viña a conto por que no día de hoxe o entrevistado é un paisano noso. Manuel Pampín, o noso Malén, xornalista tamén, moi coñecido no país por ser a "voz" do fútbol na incipiente Tvg. Actualmente Malén presenta os informativos despois dunha etapa de redactor de "número" na sección de Informativos do ente público. Non é secreto ningún dicir que Malén sufriu o ostracismo dos que mandaban en San Marcos por posicionarse a favor dun cambio no xeito de elexir ó Director Xeral da casa.
Deixóvos o enlace: da entrevista.
Tamén podedes disfrutar de artigos de Mirás no seu blog, un referente neste mundillo, Rabudo é o nome da bitácora deste xornalista olívico-picheleiro amante das motos, sobre todo da súa rabuda, e ademais, non estou de todo seguro, pero coido que foi o primeiro en poñer en internet o archivo de audio daquela grabación do homiño do formigón "mecagho nas estrellas".
PD: Na imaxe que acompaña o texto podedes ver a Malén defendendo as cores do Cire no día que logramos o noso mais grande éxito, a Copa da Montaña do ano 1978. Era moi socorrido nas entrevistas a Malén cando era xefe de deportes o preguntarlle de que equipo era o cal sempre respondía cun lapidario e contundente "Eu son do Cire de Melide".
Houbo un tempo en que a afinidade deportiva de Malén era un debate continuo, que si era do Barça, que si é do Madrid, non que é do Celta, que va el sempre foi do Deportivo. Home, se non me engano, a parte do azul do Cire a cor que lle tiraba de rapaz era a branca. Agora ben, eu creo que actualmente o fútbol non lle quita o sono.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
20 comentários:
RIKI,
a verdade e que para o ben que fas isto que ningen o duda , es poco obxetivo.
Creo que a nova mais importante de fin de semana foi o partido do domingo
Os teus comentarios nesta ocasion foron moi pobres
Estas perdendo habilidade, ou non che interesa o asunto??
Pois vai ser que estou perdendo habilidade/s, se fora a outra opción, a de pouco obxectivo ,xa non falaría nada sobre o "asunto". Creo que anunciei o partido (como en outras ocasións)e fixen unha referencia o partido (do que eu + ou - sabía), a nova da Voz de onte, puxen un enlace a páxina web etc
Home eu non puiden ir ver o partido, e non me gusta inventar.
Tamén coido que fun bastante respetuoso co "asunto", e está claro que me interesa, por suposto.
Non busques enfrontamentos onde non os hai, e gustaríame dar por zanxado o tema.
Benvido Atlético e que teñades moita sorte, ogallá (como xa dixen) isto sexa un revulsivo para o deporte de Melide, é dicir fútbol.
Graciñas pola visita e polo teu comentario crítico. Sen dúbida dame mais forzas para seguir escribindo.
FORZA CIRE!!!
Riki,riki,rikiiiiiiii,riki ,ri ,ri como diría o cantente ese Denis Russosou algho así.Como comentas eu estiven nesa final do 78,e tamén na outra, creo que nos 89/90 máis menos entre o CIRE e o Santiso,saindo este último vencedor.Ven a conto polo comentario que facías en relación a situación dos dous equipos de Melide non sei en que tempadas,pois ben nesta última final fai un pouco de labor de investigación e mira ver en que escuadra había máis xogadores de Melide...e a coalición desto dalle voltas a cachucha e preghuntate por que esa xente de Melide non xogaba no clube da súa vila,e o por que da política de fichaxes "estrela por parte de Cire"a que viña tanto fichase pra unhas categhorias donde a xente o que quere e ver xogar os seus fillos,veciños,amighos...Hoxe en día hai un campo que permite tantos partidos como o corpo aghuante,que polémica por haber dous equipos...parecedes meninos cos xoghetes novos que só os querén para eles.Oghalla a flor deste campo nazan equipos e máis equipos coma antano cando había unha liga de futbol en Melide xogandose no Convento,en Santa Maria,Castiñeiro,Vacariza...enton si que había xogadores de futbol en Melide...Deixade,deixade que haxa oportunidades para todos e non só para o "amiguismo".
P.D:Por certo eu gañei nesas duas finais.
a este último anónimo diríalle que en parte é certo que a xente quere ver xogar no equipo do seu pobo a xente que coñece, pero dunha maneira competitiva, creo, e a creación dunha morea de equipos á redonda o único que fai é imposibilitar a existencia dun equipo forte. Non falo dos anos 70 porque non sei que pasaba daquela, pero só necesito mirar os equipos da terceira rexional deste ano e atopo unha morea de concellos da redonda...
seguimos así, pois seguiremos indo a xogar polas aldeas... é sinxelo, xa o dicían fai moito tempo, A UNIÓN FAI A FORZA!!
A NOVA MAIS IMPORTANTE DO FIN DE SEMANA ? O ATLETICO DE MELIDE ? POS PA MIN NON , PA MIN FOI POR EXEMPLO ...FERREIRO ...QUE FOI A OURENSE E COMA SEMPRE DEIXOU A TODOS CA BOCA ABERTA ( XOGABA NA CASA EH¡¡¡,JIJI) O ATLETICO DE MELIDE E UN OPORTUNISTA¡¡¡ E RIKI FALOU O QE TIÑA QUE FALAR NIN MAIS NIN MENOS , E RESPETOU MOITO . ASI QUE NADA SIGE ASI RIKI E AUPA CIRE DE MELIDEEEEEEEEEEE
Dicirlle ó anónimo que coñezo a historia da final da copa da montaña entre o Santiso e o Cire, por certo foi a últimoa final deste torneo.
Sei perfectamente que había moitos xogadores de Melide que xogaban no Santiso que saliron de mala forma do Cire por que éste recurriu o "talonario". Mal feito. Foron erros e como tal o Cire pagou o seu precio.
Como ti me recomendaches dinlle un pouco a cachucha e estou dacordo en que se xogue o campo o máximo posible.
PD: Noraboa polos títulos.
PD 2: Ferreiro volveu gañar, en breve poñerei un "post".
Con Pampin de presidente o Cire en preferente!!
FORZA CIRE- SOMOS AZUIS!"
riki DEMASIADA DIPLOMACIA, NON ERES UN XORNALISTA DUN ENTE PÚBLICO HAI QUE POSICIONARSE DE CANDO EN VEZ, HAI QUE MOLLARSE, NON ME GUSTAN AS MEDIAS TINTAS NIN OS "QUEDABIEN".....RIKI DIMISIÓN!!!! MENUDO ULTRA DO CARALLO! HAI QUE SENTIR MÁIS AS CORES CABRÓN...JEJEJE
COMO SIGAS ASI VANTE NOMEAR EMBAIXADOR DE BOA VONTADE DAS NACIÓNS UNIDAS, OU DAS CAUSAS PERDIDAS, OU QUEN SABE DE UNICEF JAJAJA
Quen ten que posicionarse é o Concello.
Ten dereito a xogar a Atletico no Municipal?.
FORZA CIRE!!!!!!!!!!!!FORZA SANGUE AZUL!!!!!!!!!!!!!!!!
O ATLETICO NON TEN DEREITO DE XOGAR NO CAMPO MUNICIPAL,PORQUE XA QUE SE DESFIXO O EKIPO U.D SANTISO POIS QUE XOGUEN NO CAMPO DO SANTISO
Para o "montenegrino ocioso": vai estudiando e aproveita que che esta vindo un verán duro de invernadero jjajaj, e debaixo do plástico en villamor non che é como estar no orzán, jajaja, é broma oh¡¡
Como sei que é broma tamén o que ti me puxeches pero vaime servir para deixar claro algo:
Aínda que creo que é de todos sabido reitero, son siareiro do Cire, son socio do equipo, o mais seguro é que forme parte da vindeira directiva do equipo, son ex-xogador do clube nas suas categorías inferiores e este ano temos o proxecto de facer o Cire de veteranos, no cal tamén como sabedes estou comprometido tanto como xogador como na parte dos "despachos". Queda claro que son "Azul", agora ben non podo obviar a re-creación do Atlético, como ben di Tarrío (se é el o montenegrino, igual e outro eh) este non é un ente público nin eu son xornalista. Se se me acusa de parcialidade ou de pouca obxectividade, acepto a crítica e punto. A min, non sei a vos, cada día que pasa este debate volvese mais estéril.
Volvo reiterar por enésima vez, sorte ó Atlético na sua andaina. Nós vámonos a centrar no noso Cire que temos que intentar facer as cousas ben xa que a próxima tempada promete ser moi interesantee ilusionante.
Os seniors a seguir nesta boa liña ascendente e dar un salto de calidade, os xuvenís cos cadetes que suben a facer un gran papel tamén, os cadetes despois de ser campións esa moral ten que estar moi alta, e os infantís agora co campo novo e cun ano de experiencia van dar moitas alegrías, xa veredes.
Aínda por riba os Veteranos que entraremos en Terceira, se as cousas van ben non sería de extrañar que optemos a estar nos postos que nos leven a Segunda.
E aínda por riba temos a idea de crear outra categoría a de alevís, así que coido que é un proxecto bastante atractivo , e neso me vou centrar non en enfrontarme con ningúen.
Que concello ten que posicionarse?? o mesmo o cal non se lle pediu permiso para o campo nin tan sequera se lle informou do partido contra o "superdepor". Hai que mellorar a maneira e as formas de facer as cousas atléticos.
O de sangue azul . Informate ben.Creo que deberias millorar ti as maneiras e as formas de informacion. Non faltando a verdad para decirlle os atleticos o que xa fixeron moito antes de que ti o souperas. ENTERAO! Que sempre ides cando os demais estan de volta. Toma noces que son boas pa memoria .
o de sangue azul e o boceto tipico dun do cire,espabilado,sin documentacion ninguha (ou chamase a isto tamen falar por falar),cacique,egoista.....
os insultos sobraban danvos a man e queredes o brazo
aupa atletico sempre
riki como quedou o cire onte
Gañaron 5-1 os de Palas, partidazo.
Enviar um comentário