terça-feira, outubro 23, 2007


SOMOS PRIMEIROS
Este pasado domingo a atención deportiva non estaba centrada, que tamén, no campionato do mundo de motociclismo acadado polo galego-mallorquí Jorge Lorenzo, nin tampouco nese agónico final de campionato do mundo de fórmula 1, o mais apretado da historia. A atención de boa parte dos seguidores do deporte melidán estaba no Campo Municipal de fútbol de Melide onde o equipo histórico da vila, o Cire, podería poñerse líder do grupo IV de Terceira Atunómica se gañaba o Atlético Perillo, cabecilla da táboa ata este domingo.
E así foi, 3-0, goles de Marck, Jechu e Jarea levan os azuis o liderato. Xornada histórica. Nin os mais vellos do lugar se acordaban dunha xesta coma esta.
Agora os pupilos de Luis Eugenio viaxaran o sábado a Boimorto onde os agardará o terceiro clasificado. Díficil envite pero confiemos en traer algo positivo o sábado pola noite.
Noraboa a todo o mundo porque de momento as cousas van moi ben, pero a modo aínda non van dous meses de competición e isto non é como empeza senón como acaba.
Tedes toda a información respecto ó C.F. Cire de Melide nos blog de Quintás e Prensa Cire.

5 comentários:

fandi disse...

moi ben, a seguir asi :)

pepetrola disse...

Carallo, parece que este ano o Cire non anda con bromas. A ver se hai sorte e para o ano vos vemos en 2ª, chavales!

rikimelide disse...

A ver si é certo, de momento xa nos están dando alegrías inéditas, ca a min faiseme extraño non empezar a ler as clasiicacións por abaixo. jeeje
saúdos a rebordiños e a arzúa¡¡¡
pd: Diego Quintela figura, sae a partido por gol, os xenes son os xenes.

Unknown disse...

Qué pasa fenómeno! o sábado puiden asistir o partidazo Boimorto - Cire Melide e agora xa o confirmo: TEDES UN EQUIPAZO, dístelle un repaso importante o Boimorto, un dos favoritos da categoría. Penso que este é o ano do Cire e dame a min que para o ano que ven estades na segunda autonómica, ogalla así sexa.
Por certo, oin un rumor que dende que estás de delegado o Cire gaña todos os partidos. Xa sabes non podes fallar a ningún (agás os dous do Sobrado claro, je je je).
Coidate fenómeno.

rikimelide disse...

Boas Victor, alégrome de que che gustara o noso equipo, na primeira parte o golazo tempraneiro de Julio do Boimorto, cortounos pero soubemos reaccionar na segunda metade ante un gran conxunto. Bueno o sábado no Carballal vaia ambientazo, eso parecía Terceira División, 380/400 persoas, según me dixeron (vaia taquillaza deberon facer), os ultras do boimorto xa estaban unha hora¡¡¡ antes do partido quentando o ambiente, e despois había unha representación dos clubes mais sobranceiros do centro de Galicia, palas, arzúa, sobrado, toques, santiso, pontecarreira, etc etc , o campo, para min o mellor da categoría xunto co voso, e o que dis de delegado jejeje, é certo, pero non de todo, xa que no amigable do 16 de Agosto, contra o Ciudad de Santiago, eu tamén fun o delegado e caeunos unha chosca de carallo. Bueno admitense sobornos para que eu non estea o dous de decembro no partido contra vos, jajajja, veña maestro coidarse moito¡¡¡