segunda-feira, outubro 29, 2007

VISITA REAL
Esperanza Aguirre pídelle "trato humano" para Jiménez Losantos, en Catalunya queiman os seus retratos, Julio Anguita augura que considera "raro" que Felipe VI reine e di que a III República está cerca, aquela polémica con "El Jueves". Non corren bos tempos para a monarquía borbónica. E por que vos conto todo esto?, pois porque chegou onte as miñas mans unha foto da visita dos Reis a Melide aló polo 1976, mais ou menos. E do arquivo de Mingos Fuciños e como imaxe curiosa e importante na historia recente da vila teño a obriga de compartila con vosco.
As rapazas de "Froito Novo", as "forzas vivas", a "plebe", a garda civil, o exército, Calvo Sotelo, e Javier do aceiteiro (alcalde daquela) departindo co monarca, non hai dúbida que é unha foto histórica.

6 comentários:

pepetrola disse...

LOS BORBONES A LOS TIBURONES!!!!

Bueno, pasaba por aquí como fago case diariamente e o ver esta foto non puiden evitar deixar a miña firma aquí. (coa que espero non ferir sentimentos)

Unknown disse...

Como ti dis, foto histórica. Direiche que o Rei garda unha relación directa cos monxes do Mosteiro de Sobrado pois nos 3 últimos anos xa estivo aquí duas veces en visita NON OFICIAL (de estrangis) con un motivo sorprendente: veulles traer un cachorro de Mastín dos Pirineos a Comunidade Monacal de nome "Tello" e hai pouco veu velo para ver que tal ía o seu crecemento.

Post típico de AQUÍ HAY TOMATE

Saudos figura

demelide disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
FIZ disse...

This post would be removed by the author.

fandi disse...

a foto da realmente arcadas :S

Lapis-vermello disse...

eu tame pertenzo a un grupo dises pero eu toco a zanfona, xa sabes o instrumento dos cegos