terça-feira, novembro 13, 2007

A VOLTAS CO CRUCE
Hoxe na contraportada do semanario TIERRAS de Santiago, aparecen duas fotos de Melide, unha de "ayer" e outra de "hoy". Unha esta datada a finais dos oitenta e a outra e actual. Trátase do Cruce, ou da Rotonda, como queirades.


Moito cambia a estampa a pesares dos poucos anos que se xogan as instantáneas, nas duas a esquerda vemos un pouquiño do maxestuoso edificio modernista do Banco Pastor, ó carón o urbanismo que caracteriza ó país, uns chamánlle feísmo, outros progreso, un mal endémico ó fin ó cabo.

Do edificio do Banco Pastor, ou mellor dito a Casa de Mera, hai que dicir que chegou a saír nunha campaña de publicidade do propio banco coruñés.
Foi feita poloas anos trinta, e X.M. Broz coméntanos no Boletín 10 do Centro de Estudos Melidenses do Museo da Terra de Melide, publicado en abril do 1997, que "ten a súa gracia co balcón central con columnas e frontóns nas ventás", dinos tamén Broz sobre esta foto de Adolfo dos anos 50, que "o grupo de casas é moi suxerente de liñas e cores: a fachada da Casa de Mera aínda ten a balaustrada da terraza e a decoración de rombos no ático -no baixo o Banco Pastor e o comerico de motos de Rúa-. A casa de Dona Inés, desaparecida.
As galerías de Bande, a casa de Portos, galería de Pampín e a casa de Romero aínda sen reformar. As árbores da alameda ó sol da tarde.
-E o foco de luz que , cando facía vento pola noite, xogaba coas sombras"

Para rematar este post morriñoso, por culpa do "Tierras", unha imaxe ben curiosa do arquivo de Broz dun carro de herba que acabou no pavimento do mesmiño cruce alo por finais dos setenta, algo que agora é impensable, a non ser que se lle corra a carga a un deses trailers que traen palla de Castilla. Deus non o queira¡¡¡.

1 comentário:

citizenerased disse...

Que recordos traen esas fotos(excepto a última).Tiñamos que reunir entre tódol@s blogueir@s habituais fotos que temos perdidas nas nosas casas e facer unha especie de web de conservación da memoria melidense.Refírome a que tod@s temos na casa fotos de nevadas míticas,ou de zonas que por culpa do urbanismo ou do "avance" do pobo cambiaron considerablemente nos últimos anos.Sería interesante.