quarta-feira, novembro 28, 2007




QUE LENTA É A XUSTIZA...
17 anos despois, o mítico conxunto do Obradoiro consigue o ascenso a ACB.
Tempada 89-90, play-off de ascenso da primeira a ACB, Juver Murcia-Obradoiro. 3-0, ascende o Murcia, pero un directivo picheleiro entérase de que os pementoneiros poideron cometer alineación indebida ó teren un arxentino con dubidoso pasaporte español. O resto, case duas décadas de reclamacións na xustiza que ó final lle dan a razón. Alégrome ben, como curiosidade o próximo partido que vai disputar o Obradoiro Óptica Val é este sabado en Arzúa fronte o CAB.
Agora a ver quen lle devolve as carreiras truncadas a Popocho Modrego, Alberto Abalde (por c certo a filla xoga nunha universidade americana e é moi boa), Tino Baeza, Cobelo, etc etc
PD: que anos mais gloriosos para o basket galego aqueles finais dos oitenta, principios dos 90. Esas retrasmisións na galega con Sergio Delpont, e Ovidio García, que poñían o acento nas xogadas do escolta do Clesa Ferrol: "Manolito Alleeeeeeer, canastra", ou o do lucense do Leite Río-Dyc-Breogán: "Manel Sáncheeeeeez, tri-tri-tripla, supercanastra cola-cao". ;), tamén retransmitían a NBA os sábados pola mañán, quen non se lembran de aquilo de "colle o balón Scottie "Paipen". Eramos novos.
+ info: aquí
Historia do basket galego nunha reportaxe da TVG:

1 comentário:

Unknown disse...

Qué tempos aqueles Riki! uff o Clesa, posterior OAR, como me gustaba: con Anicet Lavodrama (REPUBLICA CENTROAFRICANA, TA TA TA TA TA), Richi Aldrey, Manolito Aller, Miguel Loureiro, Miguel Juane (agora avogado),...
Aínda que un pouco posterior tampouco te olvides do Coren Ourense, aínda recordo unha reportaxe de Zona ACB no que os 5 americanos que tiña facían un símil dos Jackson 5. Vaia show!

Veña figura, coidese.