terça-feira, janeiro 27, 2009


"HORTENSIA"`09
Este fin de semana pasará a historia como o do "temporal", foi tremendo e hai quen di que foi mais "heavy" que o ciclón trópical "Hortensia" que azotou Galicia en outubro do 1984. Os mais privilexiados contaron, ou contamos, con luz xa ó mediodía do sábado pero aínda hoxe martes hai parroquias do rural (Orois,Golán e Baltar) ás que non chegou a corriente eléctrica. O mesmo pasa cáseque en todo o Concello de Santiso e en parroquias arzúas cercanas ó salto de Portodemouros (Dombodán).
Derivando en multitudes de problemas, todos sabemos a importancia acutal dos conxeladores na aldea ( e na vila, tamén) e ás perdas por falta de "luz" van ser cuantiosas, ó igual que no tema do leite onde ás tomas de terra de tractores e segadoras tiveron que dar "chicha" para poder muxir.
Curioso que as vivendas mais cercanas do enconro de Portodemouros van ser ás últimas en ter servizo eléctrico.
Eso sen contar os desperfectos que ocasionou o forte vento. Múltiples caídas de árbores (sobor de todo na zona de Santiso), chemineas, cubertas, antenas, etc etc.
A forza da natureza en todo o seu esplendor.
Como anécdota os concertos programados na Sala 600 foron en acústico:

1 comentário:

Anónimo disse...

excellent points and the details are more precise than somewhere else, thanks.

- Norman