sexta-feira, setembro 21, 2007


FESTIVAL NA DEFENSA DO MONTE GALEGO EA FAVOR DO VOLUNTARIADO.
Cóntovos ,case en primicia ,que en MELIDE o SÁBADO 29 DE SETEMBRO ás 23,00H haberá un grande concerto de rock galego onde estarán ZËNZAR(20 anos de Rock duro dende Cerceda), TRES TREBÓNS (conxunto formado por Amil (batería ex-papaqueixos, Antón (baixo ex-papqueixos e ex-alberto bmundi mailo Xurxo Souto (acordeón, voz e ex-diplomáticos)e NAO (metal, rock, hardcore dende A Estrada e Quiroga) todo organizado por A.D.E.G.A.) -
Trátase do concerto "fin de curso" dos voluntarios que este verán andiveron vixiando que non arderan os montes patrios. Gracias a nosa privilexiada situación xeográfica (estamos no medio do país) e as xestións de Óscar Lama -melidán responsable do voluntariado en Arousa-Xiabre, Melide acollerá esta historia.

4 comentários:

pepetrola disse...

Moi interesante cartel.
Haberá que pasarse botar unha olladá.
Se anda Lama polo medio seguro que mola.

fandi disse...

dixeronme que non se facia ao final, que se sabe diso riki?

rikimelide disse...

Estabas no certo Fandi, pero ó final a historia vai pra diante.
Estivo o tema a piques de non celebrarse por falta de cartos, pero ó final parece que vai haber sorte. Veña un saúdo.

fandi disse...

vai haber sorte...
mellor
xa me din conta de que onte faltou este artigo jeje, por iso che preguntei porque iso fixo que o que oin collese mais forza.
se ao final moitos moito rajar pero enfin.. bueno xa falaremos se estás enterado algo deste tema xa me contarás.