quinta-feira, maio 15, 2008


UN DE VILALBA
Manu Chao está de actualidade no país, xa que vai estar en Monforte esta fin de semana, actuando e tamén formará parte dunha mesa redonda falando da Censura, conxuntamente co seu pai Ramón e Xosé Manuel Pereiro "Rotring" o venres ás 20.00 en terras de Lemos.
Para a semana tamen actuará na cidade de A Coruña.
O outro día Amiguete preguntóume se vira "Muchachada Nui" a pasada semana, e a verdade é que non o vira a pesares de que soio seguir o programa, igual non en directo pero sí na rede como fai moitísima xente.
O motivo do inquérito do compañeiro Adrían non era outro que saber si ollara a parodia que facía Joaquín Reyes, do propio Manu Chao.
Fai unhas datas vino, sen querer, na páxina do amgio arzúan Fandinho e a verdade é que me fixo bastante gracia.
O clan de Albacete, que así lles chaman, teñen un humor distinto, a min recórdanme algo a "Canal Clandestino", aquel programa de televisión que facían os mozos melidáns do instituto nos primeiros noventa para botar unhas risas o Día das Letras Galegas.

6 comentários:

EVA disse...

jajjajajajaj¡¡¡¡ , NON O VIRA , no da invencion das cancions tampouco mente de todo .......... . apertas riki

rikimelide disse...

;) si oh, ten a sua coña jaja
e gracias polos comentarios, que se non é por ti aquí non se anima ninguén, Veña un saúdo a todos os que visitan o blog, que teñen ben pacencia¡¡¡

citizenerased disse...

Joder meu,vendo o comentario a cerca do Canal Clandestino e debaixo unha fiestra de Youtube,pensei que xa había algo daquelas andainas audiovisuais do I.B. Melide(que tempos cando se chamaba así-lembroo sobre todo polas láminas de Debuxo)

Canal Clandestino en Youtube XAAAA!!!

fandi disse...

sen querer, hai que joderse.
o blog de fandinho debería de ser unha lectura imprescindíbel para o teu dia a dia.

¬¬

vingareime

rikimelide disse...

Analizemos a frase polo miúdo: "Fai unhas datas vino, sen querer, na páxina do amgio arzúan Fandinho".
Ben, retiroo. Expreseime mal, na volta de -sen querer- tería que dicir -SEN CONTAR-.
Pero que conste en acta, que te visito asiduamente aínda que penso que da vinganza non me libra nin dios. ;)
veña ¨{{ un saúdo

fandi disse...

bueno, creo que a vinganza ven cun cupón que di:
cupón non acumulábel canxeábel por unha cervexa...