sexta-feira, maio 09, 2008





Voan á velocidade da luz os anos da nosa vida. Agora é o momento de facer unha paradiña e reflexionar. No pouso da nosa pequena historia sempre nos quedarán marcados a lume os vosos grandes trunfos, ó igual que as dolorosas derrotas, os sufrimentos e penurias, ás longas travesías no deserto, penas e alegrías que curten os nosos corazóns de siareiros e que nos unen como colectivo.
Un equipo, un pobo. Cire de Melide.
Por suposto que nunca camiñaras só, cando eramos cinco, cando somos cincocentos e cando sexamos cinco milleiros. FORZA CIRE¡¡¡
PD: Este é un trunfo tamén de tódolos xogadores que se escornaron na lameira do antigo campo e que o deron todo polos colores azuis nos anos escuros do clube, e por suposto un recoñecento especial ós directivos que estiveron as duras e as maduras (mais ben as duras) todos estes anos termando do clube. Noraboa e parabens¡¡¡

5 comentários:

EVA disse...

POR SUPOSTO¡ PAREBENS A TODOS OS NOMEADOS,ONDE TE INCLUES ... supoño¡¡'. FORZA CIRE¡¡¡ APERTAS

rikimelide disse...

si oh, pero sobre todo refírome a esas duas (polo menos) xeracións de grandes xogadores de Melide que non tiveron a sorte necesaria para poder celebrar algo como o do domingo as pasadas duas décadas.

Unknown disse...

Noraboa de novo!!,vendo as imaxes xa non me lembraba que ó de Nacha Pop xogara no CIRE(Nanas),tedes que repescalo para os veterans.

Bicos,apertas,patacas novas,repolo de Betanzos....

EVA disse...

e por iso mesmo digo ¡¡¡ noraboa a ti tamen porque formaches parte do logro do ascenso do cire ( xunto con outros ), que se acadou con sorte e tamen con TRABALLO . Apertas

ruben disse...

forza cire e noraboa a este plantel q consigeu algo co q moitos soñamos dnd q empezamos coma min p ex n cadetes