quinta-feira, dezembro 01, 2005




FAGA FRIO OU NON, MELIDE COA SELECCIÓN ¡¡¡

Xa queda menos pra o partido que a Selección Galega de fútbol disputará en San Lázaro perante a bicampeona do mundo ,Uruguay.
Como ben me informou Victor Latoneiro, xa está a venda a camisola de Galiza, cecais o sitio mais preto pra mercala sexa Deportes López.
A verdade é que na páxina onde ven que é www.vieiros.com/seleccions pon que está en Arzúa, pero como ben sabedes López tamen ten tenda en Melide na Rúa da Habana (ó caron da Tahona). Polo tanto non será dificil conseguir a elástica branquiazul.
Polo demáis sen novidade, recoméndovos esa páxina de vieiros porque hai fotos curiosas dun partido que xogaron xa fai 8 anos na Estrada, siareiros e artistas, entre eles Xurxo Souto,Paco Lodeiro, Manolo Rivas etc, asi como tamen hai fotos históricas da primeira selección galega que xogou o primeiro partido ou match(como se dicía de aquela) Vs un combinado do Centro, outra das curiosiades que ten a páxina e que podedes descargar de balde aquel disco Selección Galega Xa, onde grupos do Bravú xunto con estrelas de aquel momento (FRan, Xosé Ramón, Nacho do Compostela, Michel Salgado) cantan a prol da selección. Alomenos e simpatico e anécdotico. Sen mais un saúdo a tod@s

3 comentários:

Anónimo disse...

como se pode baixá-lo disco bravú selección xa?

Anónimo disse...

...Aríns-conexión-Melide...

Quedas fichado polos corpos de seghuridade de Aríns. o noso rastreo deste sitio jué vai ser a reo epolo miudo. Teremos o teléfono vermello botando lume e botando por fora. Coidadiño pois. ATTENTION. WARNING. E AQUELING.

MOITOS ME PRESTA O TEU BLOG.

ESTARÁS LINKADO DE CARALLO.

SAUDE RIKKI E SAUDE MELIDE (CERNE DA GALIZA )

Anónimo disse...

MELIDE conexión Aríns responde, graciñas (little thank you) polos comentarios e polo apoio. A cerne da gAliza e a República de Arins irmandas no pacto do Polbo.
E Javi o disco de Selección Galega Xa¡, podese baixar na páxina de vieiros canal seleccions o link é o seguinte, http://www.vieiros.com/seleccions/descargas.php?Ed=44
ok, veña un saudo e gracias por entrar