quarta-feira, setembro 27, 2006

ORTIGUEIRA-IBIZA
O outro día comentoume Lorito o espectáculo de Antonio Campo, alcalde de ortigueira e empresario pizarreiro (rmau do dono de Cerámicas Campo da Laracha, seguramente tedes visto palés de ladrillos co seu logo, estes irmaus viñeron dun pobo pequeno da provincia de León) no programa da Sexta, Pocholo Ibiza 06.
Pois prefiro non opinar nada o respecto e que vexades o video si tedes tempo.

Esto é o que publica Vieiros:

APARECEU A SEMANA PASADA NO PROGRAMA DA SEXTA
O alcalde de Ortigueira divírtese con Pocholo diante das cámaras
[27/09/2006 09:35] A pregunta "Viches o alcalde de Ortigueira no programa de Pocholo?" levaba varios días circulando de bocas a orellas incrédulas até que hoxe por fin temos o documento gráfico. Grazas a Youtube -e a quen o colgou- podemos ver o fragmento do programa Pocholo Ibiza 06, emitido pola Sexta o pasado martes, no que se ve o mesmísimo Antonio Campo, moi animado e xeneroso, compartindo a noite ibiceira co popular sobriño-neto de Franco. Á súa intervención non lle falta de nada: nin rapazas guapas, nin gaiteiros, nin exhibición de billetes de 500 euros, nin promoción do festival do mundo celta, que tal vez foi a razón que levou o rexedor a viaxar á illa balear. Nos dez minutos de vídeo podemos ver cómo Campo mide a dialéctica -e a carteira- con Pocholo Martínez-Bordíu, que tras o encontro comenta: "Menudo paxaro. Este... sabe latín".

E xa andan opinando desto fora das nosas fronteiras: prémelle

2 comentários:

Suevo disse...

"E xa andan opinando desto fora das nosas fronteiras: prémelle"

creo que andas un pouco perdido, FIC BBS é o BBS (Bulletin Board System) da Facultade de Infomática da Universidade da Coruña :)

...a non ser que co das fronteiras te refiras á República Independente das Terras de Melide ;)

rikimelide disse...

Non, non me refería desta volta a Melide. O que son as presas e non contrastar ou indagar mais na nova.
Pensei que era un comentario que se fixera fora da nosa terra.
Disculpas e prometo estar mais atinado para a próxima, ou polo menos intentalo.
Gracias Suevo.