quinta-feira, setembro 07, 2006

PROGRAMA ESPECIAL DEZTV SOBOR MELIDE
Efectivamente, Deztv emitiu o pasado luns dentro do seu programa "A peneira" un amplo reportaxe de entrevistas adicado o noso pobo.
Alí saíron tódalas, ou case, "forzas vivas" do noso concello: os tres grupos políticos (Ánxeles do goberno, Soqui do Bng, e Manolo do PsdeG, Varela presidente da Cooperativa Melisanto, Rodríguez de Asetem, Mingos de Pita da Asociación decana da vila e Xesús Carlos, presidente do Cire. Creo que os dixen todos, porque na miña casa DEZTV non chega de todo ben e había momentos que se marchaba o sinal.
Pareceme ben que un medio de comunicación se interese pola nosa vila, sinal de que algo de mercado lle viron. DezTV é un medio privado. Supoño que aproveitando que DezTV -centrado na sua primeira etapa só nas terras do Deza-, se ve ben nas terras da Estrada e nas DE Melide amplian o megocio. Vilariño entrevistou as autoridades no Cantón e Gulías microenmano, coido que Marcus nos pode falar mellor deste xornalista, tomou a temperatura da xente da rúa, coma ti ou coma min. Preguntas como se coñeces a alcaldesa, que tal de festas, que lle falta a Melide, etc etc foron a súa arma para entrar nestas terras de Abeancos.
Non me gustou que preguntara tan intensamente, coma querendo coaccionar a xente na sua resposta, se Melide precisa úrxentemente un Centro Comercial.
Igual era porque me tocaba a fibra, pero si somos realistas é o futuro, para ir ó cine tes que ir fora (por exemplo a ese Lalín-que ten dous centros comerciais- ou a Lugo ou Santiago).
Eu dende logo non o vexo tan urxente. Señora/or compre en Melide, de todo e para todos, non era así.

2 comentários:

Anónimo disse...

Eu vin a repetición do programa o sábado pola noite e quedei flipado. Fixérono bastante ben tendo en conta os recursos cos que contaban. Agardo que sigan a falar de Melide no futuro.
Sobre o que comentas de que agora dende Dez TV queren espallarse, o asunto está claro, porque Dez TV terá licenza de TDT e Melide non ten demarcación propia, polo que será unha terra de ninguén do que a xente quererá sacar proveito.
Coincido contigo en que igual os temas non foron moi axeitados. A min pareceume moi forzado o tema do Polígono Industrial, que sinceramente non me parece a principal preocupación da vila (pois aínda que o cuadripliquen non melloraría apenas a oferta laboral actual), pero está claro que a xente non sabe dicir as necesidades que ten Melide, aínda que os domingos pola tarde todo dios estea dacordo en que non hai onde meterse.
Iso si, escachei coa risa cando Carlos Gulías intentou entrevistar a un can (teño que putealo un pouco cando fale con el). Ah, é que Carlos currou en Código TV bastantes meses, e é moi bo rapaz. Iso si, o cámara que o grabou era un pouco zoupón (coido que non tiña coñecementos técnicos, porque non sabía compor as imaxes).
En fin, que gustei dese programa, e agardo que se hai outros tan memorables os comentes no blog, para ver se a fin de semana teño que estar pendente da programación de Dez TV.

Anónimo disse...

ok marcus