sexta-feira, novembro 17, 2006


CHEGA O FRIO E O ROCK A MELIDE.
Cando semella que o inverno quere facer acto de presencia (e xa non é xa, segundo os nosos maiores, que razón teñen) parece que en Melide nos vamos abrigar non con mantas senón con guitarras eléctricas. Polo menos hoxe Venres.
A oferta é moita e sobre o papel de calidade mais que decente.
Empezaremos pola Fundaciñon onde Xaime vai traer ós Apóstoles, como non de Santiago, grupo que petou nos primeiros 90 grabando un único disco que foi nº1 dos 40 pijopales. Despois Moncho Lago e os seus compañeiros grabarían un disco dedicado a SD Compostela onde destacaba un pasadoble homenaxe a Caneda que dicía algo así "Todos estamos contigo y yo te lo digo amigo Caneda(....)en las alegrías y en las penas, que viva Chema Caneda y viva la madre que te parió". No comment.
Se queredes afondar mais na historia deste grupo picheleiro preme aqui
Despois poderíamos seguir coa oferta do 600 que nos trae ó grupo de punk vasco(Barakaldo) Macarrada formación dun dos compoñentes dos últimos MCD autores de temas tan coñecidos no universo underground como "No mas punkis muertos" ou "Cargao de alcohol".
Acutarán como teloneros, tanto hoxe como no concerto de mañá en Vigo, os melidaos Porka Miseria.
Todo por 6 €.
E para rematar no mítico Pub Gatos (nove anos xa de grupos en vivo) tócalle o turno a Sugar Mountain. O grupo pontevedrés bendecido por toda a crítica especializada vén de grabar un disco en EEUU producido por Eric "Roscoe" Ambel (todo un clásico) e masterizado por Greg Duffin (Bruce Springsteen, David Bowie, Herbie Hancock, etc.)
Case nada meus. O que fai Sugar Mountain é todo un ROCK con maiúsculas.
Pois como vedes onde escoller hai, tamén é unha boa opción p quedar na casa e comer unhas castañiñas con viño novo.

Sem comentários: