quarta-feira, novembro 08, 2006

THE MATCH´S SUNDAY COUNTDOWN IS BEGIN. GOD REPART LUCK.
Xa queda menos para o encontro de rivalidade comarcal do fútbol afeccionado da terceira autonómica grupo V galega.
Domingo ás 16.00 h, no campo municipal de Toques. Será o primeiro partido que disputen no seu feudo os toquenses xa que o estadio estaba pendenete de homologarse pola Federación Galega de Fútbol (seica lle faltaban esas infames barandillas, que son obrigatorias -por delimitación física do terreo coa grada-, pero que todo o mundo opina que poden producir lesións os propios xogadores).
Antes desto o Toques xogaba no Municipal "Zahorra stadium" de Santiso. Que llo digan o chilenero-loco de Josu, que perpetrou unha "tijereta" sobor do firme pedregoso santiciense e doéronlle os cadrís catro días seguidos.
Vedes que tedes unha inquisas á esquerda por se vos apetece facer un vaticinio.
Non hai premio. Sintoo moito. Só vos podo agasallar , con outro parecido razonable (non quero ser pesado con isto,se algúen quere comentar algo que o faga e me ilumine)entre o rexidor do concello a carón do Bocelo -co debido respeto e con cariño, que non lle pareza mal, non quixera ofendélo- e o dono dunha central nuclear duns debuxos animados para maiores que levan anos e anos (e que sigan moitos mais) na Tv.

Ah, outro parecido que se me acorda -esto é para frikis galegos-galegos- é entre o mítico ilusionista lucense Mago Antón e o actual campión de rallyes do campionato galego,o lalinense José Miguel Martínez Barreiro
Bamarti

Sem comentários: