sexta-feira, novembro 03, 2006


NOVO ESTALO MUSICAL NA NOITE DO VENRES NO GATOS.
Coma sempre Nani rachando coa pana, despois de moitas noites míticas con grupos internacionais como Vantroi (México ,rock combativo con moitos discos no mercado), Bastet (glam rock dende Italia), Cenk (folk-rock dende Suiza) ou The Holybuttons (punk-rock from Suecia) entres outros, moitos nacionais e poderíamos dicir case que tódolos grupos galegos que tocan en salas de concertos, hoxe Venres-Sexta Feira no Gat-Horario habitual e coma sempre de balde veñen directamente de Portugal, The prostitutes.
Defínense tal que así:
Banda Portuense, cuja sonoridade abrange desde o Surf ao 60's Beat passando pelo Garage e Rock'n'Roll instrumental. Esta banda caracteriza-se essencialmente pelo seu som potente e pela forte componente cénica dos seus espectáculos em muito influenciada pelos filmes de Série B e bandas de Surf e Garagem dos anos 50/60. Desde a sua formação em Janeiro de 2002, a banda já actuou um pouco por todo o país e em Espanha no 2º Festival Galicia Costa Oeste.
A banda encontra-se neste momento a preparar aquele que será o seu CD de apresentação a ser editado no final do ano por uma editora espanhola e que será promovido numa tournée europeia
.
Esto é o que di Nani na súa web:
Chegan dende o noso querido e veciño Portugal e arroupados pola productora Eixo Norte Audiencia Zero (nun proxecto de intercambio e colaboración cultural entre o Norte de Portugal e Galicia), o rock irreverente de THE PROSTITUTES, nunha noite que non deixará a nadie indiferente e na que tod@s bailaremos ata que nos doan os pés, e probablemente a cabeza tamén (non pola música, desconfiados).
Se queredes escoitar algún temiña podedes ir a páxina de Marcus

2 comentários:

Anónimo disse...

Riki, ¡xa contarás cómo foi o concerto! Teñen moi boa pinta.

rikimelide disse...

Marcus, moi ben o concerto. A mágoa é que había pouquiña xente.
O que prometían cumplírono "forte componente cénica" e rockandroll garaxeiro e surfeiro a partes iguais.
Estaban encantados de estar en Gz, e eran seguidores do Oporto acérrimos.
Cagáronse no concerto tanto en Lisboa como en Madrdid.
Eixo-atlántico con arume de seis cordas. jaja.