segunda-feira, novembro 27, 2006

O CIRE E OS PAUS.
Dia D, hora H. Domingo, 16.15 horas. Encrobas, Cerceda. Aquapark, Meirama e Sogama.O mellor terreo de xogo da categoría, ex equo co Boimorto.
Tarde invernal. Vento huracanado e trebóns intermitentes. Non nos beneficia(lémborme do partido de PonteCarreira).
Empeza o partido. Estamos nas berzas. Despiste entre a zaga e o porteiro, 1-0. Un doce agasallo melidense para contrarestar tanto carbón acumulado na central. Débense portar mal por estas terras, non?. O que é no fútbol non son malos, son jorrós. Reaccionamos o mazazo do gol en propia cunha boa ocasión xerada por Tarrío que manda o coiro ó longueiro. Estáo facendo ben, pero acusa a decisión técnica do míster de cambialo da banda(onde aparece con perigo) pola punta do ataque. Descanso. Café aragonés (con jotas) e faria.
Juan "Rolán" aproveitando o tirón de que a deusa fortuna deixou algún €uruco recentemente por estas terras, vía Palas, véndelle lotería ata a chimenea da central, xa decorada e iluminada para as datas navideñas que se botan enriba.
Segundo tempo. Xogamos a favor de aire. Non nos beneficia en exceso. Sae Tarrío (demasiado cedo na miña opinión). O seu sustituo, Ramón Camiño, xera cun balón a área unha polémica pena máxima. Transforma Jechu maxistral.
Xogamos contra dez. Volcámonos encima deles. Sae "Taborda". Xogamos contra nove.
Falta un minuto. Jechu colle un balón case en campo propio,fai unha xogada marca da casa e manda o esférico dun pau ó outro. Final. O trencilla, primo de Bucham o de Shin-Chan, e requerido na banda polos "Mafiosos" do lugar. Opta por se meter rapidiño na caseta e esperar a que o veña buscar a señorita Matszusaka.
Vimonos para a casa. Tremenda a procesión de "choriceiros", é dicir, xente que ven o fin de semana o seu pobo natal procedente da Coruña e volve o domingo pola tardiña.
Fai poucos días que finou Ferenc 'Pancho' Puskas Biro. O xogador húngaro é o máximo goleador da historia do século XX. Só co Madrid metu 324 goles en 372 partidos.
No seu tremendo palmarés destacan, un título olímpico un subcampionato mundial e tres copas de Europa co Real Madrid.
A este clube xa chegou con 31 anos e cun excesivo sobrepeso.
Con motivo do seu pasamento o xornalista deportivo, con maiúsculas, Vituco Leirachá escribu un artigo homenaxe onde desvelaba, entre outras cousas, o consello que lle deu o "maxiar de ouro" á xoven promesa herculina que chegaba a casa branca, Amancio Amaro: "Amaro, cuando te veas ante la portería, apunta a un palo y no mires para el portero porque entonces te atrae el disparo".
Pois eso, coa mala sorte que temos cos paus, sobre todo o montenegrino de Zaramil, co sabio consello de "Cañoncito pum" Puskas todo vai ser mellor.
Que se preparen en Queixas, favoritos o ascenso, escuadra que visitamos o vindeiro domingo no seu feudo, porque chega a marea azul e o seu rexurdir.
Deixovos o enlace do artigo de Leirachá.
E un video dun marabilloso tanto de Puskas (in memoriam) coa sua selección Hungría:

9 comentários:

Anónimo disse...

Victor gracias polo comment, e tes razón que non me lembrei do campo do Sobrado, e a falta de costume jeje. Seica está de vicio. E porque che vou mentir, disfrutei moito co basket o sabado, pero só na tele, porque tamén xogamos os de Palas e sumamos a nosa cuarta derrota consecutiva. Non temos sorte esta ano escápansenos os partidos todos no último cuarto.
Plaza terá unha calculadora para tasar os minutos dos xogadores. Nnguén pasa de 21 minutos. E di que aínda falta moito para que xoguen o 100 x 100. TEn boa pinta. Veña unha aperta a todos os amarelos, que andades algo tocados, e ó plaza de sobrado tamén.

Anónimo disse...

Maxistral, orixinal, divertida. Esto é unha crónica e o demais son farrapos de gaitas.

pepetrola disse...

Comandante Riki, sabes se 96 Grados + Ith tocan ó mércores 29 de novembro (maña) na sala La Fábrica de Chocolate [Vigo], 22:30 h.??
Depaso aproveito pra felicitarvos Cirienses - que anda que non tendes polla nin nada -, inda habedes ascender a 2ª rexional. Pero merecedelo que anda que non levades anos sufrindo co equipo ahi nos derradeiros postos.
Joder e mirando o outro dia ó Correo os meus ollos non deron creto o que viron, ó BOIMORTO lider. Estaras contento (Riki) pola parte Arceana que che toca. Eu estouno pola parte de Andabao que me toca, a parte que case me fai ser pareiente do ¡XENIAL! artesano de la jitarra....Xose Lois TOXO.
Aproveito tamen pra mandarlle un saudo a Victor_Sobrado e haber se o equipo da miña terra - no cal teño parientes - se recupera, creo que dunha xeira de malos resultados, pero seguro que pronto estara ahi arriba dando gherra.
Sen máis FORZA C.A.S.X, FORZA BOIMORTO e FORZA CIRE.
P.D: Estou dacordo, unha cronica maxistral, orixinal, divertida e faltaria añadirlle CARALLUDA!!!!

Anónimo disse...

Pois parece que sí pepetrola,a 5€, parece que van estar nesa gran sala da movida viguesa onde fai pouquiño estiveron os melidenses porka miseria de teloneiros de macarrada.
E van tocar con 96º un grupo que xa estivo no Gatos e que facían moitas versións dende a Creedence ata Police.
Joder, non sabía nada , gracias pola info, Tamén che informo que ITH estar o próximo 7 de Decmbrno no Gatos.
E si estou contento polo Boimorto, pola parte que me toca, e polo seu peculiar adestrador que non é outro que "Amavisca", ex-Arzúa ex-Fotos Luis.
Ah, parabéns polos halagos a todos, pero sodes un chisco excesivos de mais. jaja veña

Anónimo disse...

Unha crónica fiel a realidade acontecida o pasado domingo preto do carbón de Meirama, alimentada con ese toque de humor tan carcacterístico e xenial (as veces; exceptuando pombadas)do amigo Riki,pouco máis teño dicir, so agradecerche o teu apoio incondicional,tamén os consellos, a ver se torna esa sorte que se me esta negando cara o gol en forma de tiros o pau, o cal xa me empeza a preocupar. Bueno recordar que o domingo temos unha importante cita en Vilasantar (imposible cambio de partido) contra o Queixas, un dos equipos punteiros da categoria co handicap engadido de que o dia anterior Casa o Moro!!! Habrá que esprintar antes da noite e ir cedo pa casa (dificil pero non imposible). Un abrazo riki.

Anónimo disse...

Tarrío haber se vendo doble a portería (porque o domingo vas tar cheo aínda) metes un.

Anónimo disse...

Pájaro ti mira principalmente de non te mancar, que o autro día pasache máis tempo no chao que xogando. Te hacían daño, o te lastimaban jejeje, tes que saber que o fútbol e un deporte de contacto, de homes non de muñecos coma ti, parece que xa encontraches un sitio no equipo, no lateral dereito donde, normalmente xogan os máis paquetes do equipo porque é onde menos se estorba, ainda que se non fora polo teu erro clamoroso non nos houberan marcado ningún gol e seguramente levarnos a victoria... Vas quentiño, jajaja hai un dito que di: "ir a por lana y salir trasquilado" Pois ti igual jajaja

Anónimo disse...

"playboy das cunetas" é un apodo merecido, o u n o n
o de cuíño ou Cu aguero non tá mal ou

Anónimo disse...

Mira quen fala de erros clamorosos...jajajaja..Fallaches algunha durante a tempada digna do mesmisimo "loco" abreu...Coidate tarri ejejeje.