quarta-feira, novembro 15, 2006

QUENDA DE LETRAS
Como ben sabedes "Cifras e letras" xa leva case que un ano nas sobremesas da TVG ou A Galega (como queirades). Un formato de concurso inventado en Francia e que leva xa,mais de trinta anos dando bos datos de audiencia.
En España emitírase nos anos 90 presentando por Elisenda Roca, antes xusto de que escomenzara outro concurso senlleiro como é o "Saber y Ganar" de Jordi Hurtado.
Dende fai unhas tempadas Telemadrid retomou o concurso e o encarregado de dirixir o cotarro no plató é un gran coñecido para os galegos, o gran Paco Lodeiro. Un home multimedia que tanto imita a Paco Vázquez ou Arsenio como que ten un bar na Praza do Convento chamado Ramiro de non sei que Libro de Familia.
Pois ben mirade este video e comprobade que caprichosas son as letras....
Xogade tamén, eh.

Non ten desperdicio tampouco, o acento "castellano" de Lodeiro cando pregunta
¿Cuan-tas le-tras Lu-cí-a? , bufffff
Unha dúbida que vos plantexo, ¿ ten posibilades Jorge Mira con Iolanda Castaño?.
Se da tabla do 75 depéndese ben sei eu como acbaría o conto.
Deíxovos outro videolink cun concursante peculiar do concuro.
Prémelle, show must go on.

Sem comentários: