segunda-feira, novembro 13, 2006

SOMOS AZUIS...OUTRA VEZ
E todo aconteceu o día en que volvimos a ser Azuis (como ben di Pájaro) despois dunhas tempadas xogando de verde botella. O bon destas prendas é que eran de manga longa e prestabánse ben para o inverno.
Pero a historia manda, e a ilusión que hai este ano, entre outras cousas pola construcción do campo novo e a seriedade no banco e nos adestramentos, tarefa que xa se viña facendo ben o ano pasado onde despois de moitos ,moitos anos fixemos bastantes puntos e bos partidos, e eso tiña que verse tamén no equipamento.
O novo patrocinador do Cire para a categoría senior é o CCA de Melide (Centro comercial aberto), que subvencionou unhas elásticas modernas acorde co fútbol actual, marca Luanvi.
O CCA é nha entidade nova que aglutina a preto de cincuenta comercios da vila e que está apostando polo deporte, a cultura e a sociedade civil en xeral(amén de defender o comercio local que é o motivo principal do seu nacemento), con iniciativas en beneficio de todos. Gracias o CCA polo seu apoio e penso que isto non vai remata aquí, porque teñen pensado facer unha serie de campañas onde o equipo do Cire se erixe como protagonista. En conclusión, o pobo de Melide volta a confíar no seu clube de toda a vida, o Centro Instructivo Educativo de Melide (Cire), agrupación pola que pasou moita xentiña do pobo e nos fixo a todos un pouco mais persoas.

2 comentários:

pepetrola disse...

Ouhh yeahhh, fai un frio que xea, aver gentleman cuanto tiempo sin comunicarme con ud. Que andaredes a facer ti mais Amiguete pola radio(mira que hai tempo que non vos escoito, alomenos 5 meses),e xa se vos vota de menos caralla, hai que escomenzares a emitires via internet pra xente que as veces non lle queda outra que estar lonxe das ondas da Terra Bocelika (Melide,Sobrado, Boimorto, Toques, Santiso e quen se sinta boceliko tamen se pode incluires neste listado).Este sabado salin x Melide logo dunha boa tempada sen saber nada desa hermosa terra e tamen me resarcin, empatei a noite do sabado cuasi coa do domingo,pero a vostede mr. Riki non lle vin o pelo e iso que tiña eu ganas de tomaralle un copo desa famosa jarnacha melidá na sua compaña (pra outra vez sera).Bueno agora que vou ter mais tempo libre, ou eso espero, xa me pasarei mais amiudo por aki pra contarche as miñas aventuras e espero tamen darvos algun telefonazo a Hora Amiga pra jodervos esas siestas q de seguro que vos seguides pegando entre temita y temita.Veña fiesta, maulitis y cerveza fria.

rikimelide disse...

Un saúdo José, canto tempo macho, xa nos estabamos preocupando eu mailo amiguete xa que non dabas sinais de vida, e manolo caña-disco tamén fai que non responde. Será este outono primaveral?, seguramente. Tamén poden ser os "caldeiros". A ver si nos vemos ló, tanto in situ , como pola rede, como pola "reidio". Unha apera a todo Rebordiños.