PROGRAMACIÓN OUTONO (Un pouco de cultura e música na cerne.)
Este Venres día 10 de Novembro á 1.00 h da noite na Sala 600 actuarán "La banda de Nash".
Tres uruguaios afincados en Gz que ofrecerán versións de grupos que xa estan na historia da música como :Beatles, Rolling,Police, U2, Queen, Santana, Deep Purple, Satriani, Led Zeppelin, Nacha Pop, etc etc. Vaia abano de grùpazos que teñen.
Venres 10 Novembro. Pub Gatos "Venres 10 de Novembro: Presentando o seu novo traballo "LANZARSE A LAS HERIDAS", retoman o pulso do GATOS os estradenses ROBIN DE LOS ESTERCOLEROS Y SU ALEGRE BANDA DE PATAPHISICOS, (xa que foron os primeiros en ofrecer un concerto nesta reserva india e que moita xente pensou que eran dous grupos) pouco antes de telonear ós seus admirados Burning na Sala Capitol de Santiago. Mencionar que un tema deles, "TU CUERPO ES UN MUSEO" foi a sintonía empregada por TVE, tanto na 1ª coma na 2, para anunciar o Gran Premio de Motociclismo de Estoril e outro, xa se verá cal, vai estar no anuncio do Gran Premio de Valencia deste vindeiro 29 de Outubro. Así que a festa está garantida e non faltarán versións dalgún clásico, sobre todo os mencionados Burning" Di Nani
Venres, 17 Novembro.- Sala 600.- A 1.00 . MACARRADA.- Antigos M.C.D, punk-rock dende Bilbao teloneados polos melidaos Porka Miseria.
Venres, 17 Novembro.- Na Fundación.- "Los Apóstoles" .Grupo revelación dos 90 (nº1 nos 40, seica).
Venres, 17 de Novembro: Sugar Mountain, Pub GatosDende unha das hoxe en día Novas Orleáns galegas, é decir Pontevedra, chega por segunda vez ó Gatos o rock americano, copre decir que máis ben sureño de SUGAR MOUNTAIN para presentar a tod@s o seu novo disco "IN THE RAW" producido nos EEUU por Eric "Roscoe" Ambel (Del-Lords, Yayhoos, Steve Earle..) e masterizado por Greg Duffin (Bruce Springsteen, David Bowie, Herbie Hancock, etc.) que está acadando un gran reconocemento nas radios e revistas especializadas. Xa vedes que con estas referencias a calidade está máis que garantida e o rocanrol primará por riba das acometidas do sétimo de cabalería e outros indios renegados
Comentános Nani.
Venres 24 de Novembro, para rematar o mes de San Martiño, qué rico esta todo: raxo, zorza, e logo cando curen xamóns, chourizos, cacheiras, etc. virán dende Terras do Deza o grupo ALEN que interpretarán temas do seu primeiro traballo homónimo e autoproducido. Decir que algún dos seus membros formou parte dunha histórica banda galega hoxe desaparecida: THE KAMBOTES. Outra festa rachada que temos por diante.
Ademais, obra de teatro Na Fundación o 1 de Decembro denominada "Intres-creación colectiva".
E Concurso de Monólogos, sen data aínda, con 600 € en xogo. Apuntarse neste correo, afarandula@gmail.com ou no nº de tfno: 610 411 775.
"Hay cantidad, hay calidad, hay hay hay variedad...." Que diría Costas en "De hoy no pasa" célebre álbum dos vigueses Siniestro Total. Busque, compare y si encuentra algo mejor "ademándamelo".
quarta-feira, novembro 08, 2006
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário