quinta-feira, outubro 19, 2006
Agora tócalle a música.
Mañá Venres 20, naSala 600 -antigo A1-, concerto dos ferroláns RIFF-RAFF,grupo exclusivo de versións de ACDC(son moi bos) que xa estiveran alomenos duas veces na nosa vila no mítico Gatos.
Nese local non hai nada programado, esto é o que nos di Nani: "O Venres 20 descansaremos, había algo programado pero non puido ser. Cousas do rock and roll
Pero para rematar o mes o día 27, Venres por suposto, seguiremos ca onda metalera cos tamén coruñeses Pulsar, que a decir verdade non sei si veñen sos ou traen algún grupo acompañandoos, para ofrecernos un repertorio amplio con moitos guiños ós Deftones.
E así son as cousas e así volas conto, non esquezades que os concertos son a partires da unha da noite e ca entrada totalmente gratuíta, bueno si alguén quere facerse cargo dalgún dos meus gastos, non hai problema eh, que non se corte, estou aberto a calquer cantidade, sobre todo si é superior ós 24.000 €, je,je,je...bueno nada máis, moitos bicos a tod@s, saúde e moito r´n´r. Nani"
No 600 haberá mais concertos no mes de Novembro, entre eles a Banda de Nash, Macarrada (ex-MCD) e Porka Miseria. Todo o seu tempo.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário