quarta-feira, outubro 18, 2006


PEDJA VIVE EN SAN SALVADOR
A estas alturas da película case que todo o mundo mundial sabe (ou deberíao saber) que o ídolo persoal de Tarrío é un ex-xogador balompédico montegrino.
Pedrag Mijatovic, actual Director Técnico do Real Madrid; cando se oe falar del todo o mundo se acorda (ou polo menos os merengues) de que foi o heroe da 7ª no Amsterdam Arena fronte a Juventus.
Pero Pedja para Tarrío é moito mais, é un exemplo de "modus vivendi", a gomina, a perilla (as veces), a chulería innata (ben entendida), a clase, as formas, o saber estar, o sex-appeal (porque non dicilo) son rasgos que comparten ámbolos dous personaxes.
Eu a Pedja non o coñezo, pero sí a Tarrío, é podo dicirvos a parte de todas estas chorradas, que o estimo moito, e que é unha persoa dos pés (aínda que poña botas de chupamelapunta) á cabeza (aínda que ás veces pareza un anuncio de PolySwing).
Preguntáredevos a que ben este exercicio de amizade (mais propio dun sabado a noite cunhas copas, a famosa "exaltación de la amistad, que outra cousa").
Pois ben, a que esta tempada Javier Tarrío voltou a disciplina do Cire de Melide, e que o pasado domingo debutou perante ó Sobrado, realizando un gran partido (aínda que se lle notou un pouquiño que lle falta ritmo de competición) provocando unha pena máxima e, aínda que me doa na alma escribilo, errándoa tamén.
Pero dende aqui animámoste Terry a que inaugures na Pontecarreira a tua conta goleadoara e que nos fagas vivir vellos tempos.
Ala, utro día falaremos de Chiqui, Peque, Capi etc etc. Que se preparen.
Veña un abrazo compañeiros.

5 comentários:

Anónimo disse...

Moi bon ese parecido. Esperemos que a sorte acompañe a Pedja Tarrío para marcar polo menos un gol fronte o Pontecarreira, e outro que mo deixe a min, je je je. E decir que a culpa de que fallase o penalti foi de Jechu que antes de empezar o partido lle dixo " O 7, como Raúl" ese foi o gafe do partido para Tarrío.
Veña un saudo

Anónimo disse...

En primeiro lugar moitas grazas por esa exaltación da amizade(aclarar que debaixo da mesa do ordenador ten unha botella de 100Pipers) e xa sabes que o sentimento e mutuo dende logo.
Por outra banda asme dicir de onde sacaches esa foto que lle vai al pelo unca mellor dito jejeje

Pero pedja intentará reivindicarse fronte o pontecarreira con unha boa actuación e se se pode con algún gol... a ver se vai collendo o ritmo da competición que seguro que sí.

un saúdo e ata pronto meu

Anónimo disse...

Tarrío queremos que este domingo xoges co "8" e que llo quites a teu "coñao" Miguito.
O domingo promete ser un día interesant, deportivamente falando;
Victoria do Cire fora.
Probable Final Masters Madrdid: Nadal-Federer.
GRan premio BRasil. Formula 1.
Madrid-BArça
Buffffffff.-
Santi, confirmanos se foi nese campo onde metiches un gran gol o ano pasado e comentanos se o vas repetir. veña

Anónimo disse...

Igual de acertado que de costume riki. As fotos non deixan lugar a dudas. Eu so coñezo de vista e pouco mais a Tarrio pero seguro que levas razón tamén no resto do que dis.
So puntualizar que deberías completar a superxornada deportiva coa victoria do Santiso fronte o Vilatuxe no campo da Ponte. Un saudiño para todos os do Cire e todos os que len o teu blog.

Anónimo disse...

Ten boa memoria Riki porque si "mollei" (e foi un golazo de vaselina por certo, baixa modesto que subo eu,je je je)o ano pasado no campo do Pontecarreira ainda que non serviu para puntuar xa que perdimos por 2-1. E dáseme ben ese equipo que na casa tamen lle marquei outro (3-0). A ver se este ano tamén consigo marcar e se estas no campo ten seguro que cho dedico por ser un dos aficionados mais fieis.
Un saudo.