quinta-feira, outubro 26, 2006

Ten razón Laura no seu blog, Ghaiteira, parece que nos mirou un chosco porque vamos de catástrofe en catástrofe. Lumes, riadas, arruinamento dos bancos marisqueeros nas praias das nosas rías, luas de mel no calabozo (Caso A.M. Ríos); só saímos na tele cando pasa unha desgracia.
E aínda por riba unha cousa que parecía que tiñamos aseguradora, pónse en dúbida.
Refírome á victoria no Tour de Óscar Pereiro. Non llo queren dar, queren deixar deserto o vencedor da edición 2006. Era o que nos faltaba. Non nos resignemos e protestemos, que xa andamos cansos de dicir que chove cando o que cae do ceo se trata de orín, ou?

1 comentário:

Ghaiteira disse...

Grazas pola mención.
A verdade é que si, parece que temos unha meiga detrás nosa. Habrá que por allos polos límites do país (como facían en Balaídos(?)) para espantalas a ver se así vai o tema... E a ver se por unha vez saímos na tv por algunha boa noticia.