LUCUS AUGUSTA, FESTA FESTORUM
O nivel de concertos (todos gratuitos¡) que houbo este San Froilán en Lugo é de auténtico chapó. Xa levan unhos cuantos anos refrandados nesta tónica.(nordist mist-º ou schweppes, non sei)
Pero para min o prato forte (a parte do pulpo-polbo)quedou para hoxe e mañá. Aínda que moita xente non acude a capital lucense neste día por coincidir coa ponte do Pilar e coa masificación de xente en todos,todos, si todos, os sitios.
Se che gusta pasear sen agobios hoxe non é o día.
Para quen se achegue aló (50 km dirección nordeste, servizo de Freires (17.00,19.30,21.00) terá a oportunidade de ver a un grupo que foi Premio da Crítica Europea 2006 no apartado de novas músicas, Ojos de Brujo.
E como toque do país, a organización pensou en Ourense, Lamatumbá e Festicultores.
Casi nada. Mañá como coloifón, Barricada e Ismael Lò.
Disfrutade os que vaiades e cuidado cos botellóns na Muralla. Preme e flipa
Video de Festicultores trouppe, fíxadevos no xogo das puntas (picardía lucense).
quarta-feira, outubro 11, 2006
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
4 comentários:
Eu que aínda non fun nada a Lugo... E non sei se lle tocará este ano... Hoxe nada que hai que ir a Piloño a ver a París e máis a Panorama e pasado, a parte de que xa acaba o venres hai que madrugar..
Pois nada, tómalle un a saúde dos que non imos e a pasalo ben!
Saúd0s!
ESE RIKKI ...
SON UN PUTO INCRÉDULO ...
NUNCA DEBÍN DE DUBIDAR DO TEU PASO POLO MEGAESCENARIO DA PARIS DE NOIA...
DÉBOCHE UNHA POR DESCONFIADO ... E OUTRA POR ROUBARCHE O VIDEO DOS CLASH ...
SABES QUE PAGHO AS QUE FAGHAN FALTA ...
aínda nos veremos por Lugo ... e senón xa sabes onde queda a taska do lado dabaixo do monte do gozo...
...un día tes que vir pola disco-taska do Xurxo como invitado especial ...
ARÍNS-COMEXION-MELIDE
MOITA SAUDE ...
PD. estame prestando moito o disco dos Porca Miseria ...
Pois este ano nin San Pailán nin nada! Mecagüen Soria! O traballo, a carreira, o doutorado e as viaxes diarias a Santiago acaban comigo. Que será daquel raparigo de 20 anos que aguantaba todo o que lle botaran... (e iso que só teño 22)
Tomeille unhas cuantas a vosa saúde nas terras lucenses, agardo que o pasaras ben en Piloño (seguro que si)
E dicirlle ó de Arins, que non me debe nada (só fodería).
Pero non te libras tan axiña de min, e xa tomaremos algo xuntos, escoitando ó "Comercial" de fondo.Alégrome que che este gustando o de "Porka Miseria".
A eles si que os tes levar a "Aberto por reformas".
E dicirlle a Carlos que o leve con paciencia. (e que entrene o tiro de 3, que me dixo o presi en Lugo que logo empeza o conto do basket).
Veña unha aperta a todos os que "lle tomades" algo por este recuncho.
Enviar um comentário