terça-feira, outubro 31, 2006

TEMPO DO SAMÁIN
Infórmovos que o Cire, categoría senior, derrotou o domingo pola mañán (incluso algún ilustre noctámbulo privouse de saír o saturday, manda webs), 2-3 o Galegos no terreo destes últimos. Púxemonos 0-3 e fallamos un penalty (Non, desta volta non foi Pedja senón que foi o Pelusa do Casco Vello). Coma sempre deixovos o enlace do blog do Cire (feito por Santi de Palas) para saber mais deste partido e do resto da xornada nas outras categorías nas que compite o C.I.R.E Prémelle.
Se preguntades polo Santiso, a resposta é empate UD Santiso, ídem o Sobrado, e o Toques descansou.
Noutra orde de cousas na vila do císter, é dicir Sobrado dos Monxes, organizan un "Gran Magosto" para este venres 3 de Novembro´ás 22.00 h, que estará amenizado polo grupo de gaiteiros "Os Melidaos". Estrela invitada a Castaña zurda, Xele.
Voltando a Melide, xornadas micolóxicas de setas e cogumelos organizadas polo Asociación de Troiteiros "Río Furelos" mañán dia 1 de Novembro.(Entre outras datas).
Os Ruxe Ruxe estarán hoxe en Madrid, pretiño do Bernabeu, no Irish Rover celebrando o Halloween.
Unha tradición celta que aqui en Galiza coñecemos como o Samaín.
O de tallar cabazas ou melóns xa se facía aqui moito antes que chegaran as peliculas yankess.
Se queres saber mais sobre este tema, pica aqui.
Esta tradición aínda está moi viva en Cedeira, no norte da Coruña.
Nota: o logo é do mítico grupo alemán de metal, Helloween.

Sem comentários: