Xa que o blog leva o titulo que leva,e arengado pola xente, véxome na obriga de, a parte de facer esto por mera afición, en convertir esto nunha bitácora de servicio público.
E en materia deportiva, como me recorda Tono (), concretamente en fútbol (é o deporte rei e o no que mais xente compite da nosa comcarca) a información que din esta semán está incompleta.
E esta foi unha semana moi boa en canto a resultados, agáss o Sobrado (que como ben sabedes sucumbiu ante o Cire), os outros dous represantes da nosa comarca venceron nos seus envites.
O Toques, do grupo V de Terceira Autónomica, gañou 4-3 vs Galegos de Frades.
Xogaron no campo da Ponte de Santiso, porque o seu está pendente de cumplir unha normativa (dende a miña óptica rídicula) que obriga a que o terreo de xogo esteña pechado con "barandilla".
Os toquensen, nun inicio de liga sorprendente, é a sua primeira tempada federados, encarámanse nun moi meritorio segundo posto do grupo.
Como anécdota da pasada xornada, dicir que o xogador do barrio melidáo do Castelo, Josu, tentou unha chilena na zahorra santicense, con resultados nefastos para o seu lombiño. Ai, cabeciña.
E do Santiso, dicir que tamén gañou por 1-3 no campo do Dozón. Mais información no blog de Tono M..
A próxima xornada deparará estes choques:
Sobrado-San Martiño (estreando campo os da lagoa)
Órdes b-Toques (a ver se segue a racha para os de Julio)
Ponte Carreira-Cire de Melide (a seguir polo bon camiño)
e no grupo 11, Santiso-Vilatuxe (a parte de rivalidade futobolísitca, de bandas de música, son míticas a de Vilar de Ferreiros-Visantoña e a propia de Vilatuxe (Lalín))
quinta-feira, outubro 19, 2006
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário