segunda-feira, outubro 16, 2006


PRIMEIRA VICTORIA DO CIRE, ESTE ANO.
Van xa tres partidos de competición, e xa fixemos de todo.
Empezamos perdendo 3-2 na casa do Oza dos Ríos (dous goles de Jhecho), empatamos a xornada pasada a un tanto(Brais, de falta) perante o Mesía, tamen fóra, e onte por fin gañamos xogando por primeira vez como locais (aínda que foi no campo de Vilasantar, xa que o novo campo municipal de Melide aínda esta por rematar -poñámoslle un mes ou dous- ). O dito, vencimos 2-0 os nosos veciños comarcais do Sobrado Xuventude, un rival que se nos resisíta dende fai anos e que onte por fin conseguimos dobregar.
Un moi bó partido do Cire borrou do mapa o conxunto marelo, que puido sair cunha gran goleada ó lombo, ó pouco que os nosos dianteiros tivesen mais sorte na definición. Non pasa nada, hai que gardar a pólvora para vindeiros envites, que falta a facer. A seguir así, rapaces que vamos ben. Noraboa a todos en xeral, gran partido colectivo. Destacar a Santiago "Taborda" polos dous chicharros e que non decaia para a semana fronte ó Pontecarreira, onde se non lembro mal o ano pasado o dianteiro palense tamén mollou, cun tanto de bemoles.
Deixovos o enlace do Blog do Cire, feito por Quintás, onde a parte de enterarvos do equipo senior, saberedes como lle vai as categorías inferiores, os xogadores do futuro.
A imaxe do balón Mikasa (por certo como mancaba na testa o cabrón) é unha homenaxe a Juan Segade, por tantos anos e anos de buscar esféricos na maleza do país (gran coñecedor da flora galega anexa ós campos, toxos, xestas, codesos, silveiras e demais elementos selváticos) e polos seus cafés (que no descanso espabilan a calquera).

3 comentários:

rikimelide disse...

Un saúdo Victor e veña para arriba, a ver se houbera un triunvirato nos tres primeiros postos. Cire, Toques, Sobrado.
Non estaría mal. Sorprendente o inicio dos de Toques, veñen petando forte, é o primeiro ano federados pero hai moita experiencia e calidade.
Veña un saúdo a toda a xentiña de por ahi.

Anónimo disse...

Paréceme unha gran idea.
Mágoa de que non se fixera xa este ano.
A parte sería unha posibilidade de conquerir un titulo, aínda que o importante sería a posta a punto para as respectivas ligas.
E o que dis ti, amistosos garantizados que nos este ano só poidemos disputar un.
Felicidades pola idea.
Outra idea que deixo eu no aire, alguén do Toques que fixera un blog ou unha web, para ter a crónica de tódolos equipos da comarca.
Veña, un saúdo "esteagua"

Anónimo disse...

Paréceme moi ben a súa crónica señor Riki, pero sen máis dilación teño que dicirlle que non mencionou a volta os terreos de xogo do máis parecido a o mesmésemo Pedja Mijatovic que se asoma pola comarca, do cal cabe remarcar que nunca se arruga e que na historia do futbol moderno sempre fallan os penaltis os mellores xogadores(ainda que non sea o caso), como por exemlo Sheva na final da champions, Roberto Baggio na final dun mundial, Raúl contra Francia, e moitos máis.

Por outra banda, quería felicitarte polo apoio que sempre lle das desde a grada a este humilde pero gran clube, ainda que nalgunha ocasión este que che escribe se sentira increpado por berros de "menos flores y mas...",nembargantes tamen ronaldo é pitado a veces no Bernabeu e é o numero 1.Incluso a pedja creo que algunha vez foi pitado.

Un abrazo forte.