sexta-feira, novembro 24, 2006

EN ARZÚA HAI TOMATE
"Julieta Venegas se ennovia en Arzúa"
Así reza o titular da Última de hoxe do xornal herculino La Voz de Galicia.
Igual é que era algo cedo cando o lin pero tiven que esfregar os ollos e volvelo a ler. Si, definitivamente pon Arzúa e non é 28 de decembro. Antes de indagar na lectura do articulo en sí, pensei para min e pensei en Fandinho e nunha cospiración stalinista por aquelo de Trotsky-Mexico d.F-NewMercader. Despois pensei en Cascón, igual lle fixo unha entrevista e a rapariga quedou prendada dos encantos do radiophonic-man da vila do queixo. E por último pensei no mítico e auténtico "Pepsi" e nun encontro nocturno-diplomático de primeirísima orde. Pero impuxóse a lóxica e resulta que o home arzuán en cuestión é Carlos Mariño, o mítico Mariño que empezou facendo á Festa dos Botes de rapas e que agora e manager de grupos punteiros en Madrid. A súa productra, un guiño ós históricos Clash chámase Spanish Bombs.
Mariño con familia na parroquia melidá de Vitiriz (o famoso triángulo Rocamador, Vitiriz, Baladás) parece que engatusou a mexicana é de feito, segundo conta a voz, xa foi con ela ós premios MTV latino.
Parece que segue a conexión musical mexicana-centro de galicia dende fai tempo.
E refíromen ós veráns que pausaba a pequena Paulina Rubio nunha finca, da parroquia cesurana de Trasanquelos, propiedade do seu padastro de ascendencia galega.
Noraboa a Carlos e...a Julieta.
Nova completa aquí.

3 comentários:

Anónimo disse...

Eu xa o sabía, teños fontes moi fiables na vila veciña jajajaja

Ghaiteira disse...

Eu tamén tiven que fregar os ollos cando o lin e púxenme a especular en quen podía ser e levei medio "chasco" cando vin quen era.. Así non ten a mesma gracia! xDD
Con todo igual a Julieta casa para Arzúa... El amor...

Anónimo disse...

Eu son de Trasanquelos, onde Paulina Rubio pasaba veráns cando era pequena, e o certo e que sí, viña cando non levantaba máis dun palmo do chan (ainda eu non nacera), e sí, acordase de Trasanquelos de vez en cando... pero xa podía pasar por ali para dar a coñecer o pobo un pouco!!
A ver se tedes mais sorte con Julieta en Arzúa e a tedes paseando por ai coma se tal cousa.
un saudo