segunda-feira, novembro 13, 2006


Estes foron os resultados da enquisa feita “ad hoc” para o derby de onte domingo.
Como vedes o 28 % non se enganou e confiou en que o Cire gañaría o encontro por mais dun gol.
No segundo posto de votacións, con catro votos cadanseu, temos un empate entre os que apostaron por unha victoria dos locais pola mínima e os mais optimistas que confiaban en que o equipo derrotado pagaría unha mariscada no Xaneiro a todo público que acudira ó partido.
Se teñen que pagar unha mariscada a todos os que foron o campo, había ser como “unha voda” das boas. Porque segundo se dicían o público no Municipal de Fonte Queimada rondaba as 300 persoas.
Na terceiro posición atopánse os catro siareiros que contaban que o Toques vencerá por un gol. Non andiveron lonxe . Se marca o penalti Carril, cambíabache o conto.
Na cuarta praza, novo empate, desta volta as táboas son entre os que confiaron en que o Cire gañaba pola mínima ,os que un pouco despistados , con esto do fútbol afeccionado, preguntábanse , pero ¿quen xogaba? e as duas persoas que pensaban que en vez de encontro haberia unhas partidiñas de tute no Lorena. Foise , pero algúns antes e outros despois. Por certo que esta pegado a montase de “Victor Casal”.
Houbo un home realista que pensou que non habería partido a causa dunha “garrafonada” colectivo por parte dos “pazos” melidenses. Algún non saíu, e iso si que é noticia, por mor do derby. A paixón pode con todo.
Con bon criterio ningúen confíou no empate entre as escadras, aínda que nun derby é o resultado que mais sae.
Non houbo votos tampouco para a opción de que o trencilla non acudiría a Toques.
Vir veu, pero chegou tarde. Tomaría un café polo camiño. A verdade é que era malo con ganas. Débelle gustar o fútbol inglés que o tentaba arranxar todo co diálogo.
Coido que onte algún cartón mais (polos dous equipos, tivo que haber polo menos dous expulsados) tiña que caer. Coméntabase de que o arbitro non poido vir antes porque estivo facendo a “augardente” e aínda lle duraban os efluvios da encertada.
Ë que a xente éche moi amigha de falar.
Gracias por participar é facer esto un pouquechiño mais entretido.

7 comentários:

Anónimo disse...

increible a asistencia do publico o estadio de toques, en especial a dos dous compoñentes do maravilloso programa de radio a hora amiga, que non é que seña raro que riki vaia ver o cire,pero amiguete....;total que deberia volver por se foi el quen lles deu o golpe de animo e de sorte.
noraboa a todos os xogadores e os aficionados de cada xornad, non so de derbi, que o ascenso non se consegue nun so partido

rikimelide disse...

Haberá que falar con Amiguete para que non se perda ningun encontro (vai ser dificil, pero non imposible).
Un sáudo Victor como ben veiches o fútbol na comarca esta rexurdindo
Campos novos para os tres conxuntos do grupo V, os do Santiso tamén lles fai falta un bon. Bon día, xente de toda clase no muncipal de Ponte Queimada , farias e cohibas no ambiente, como ben dis, respirábase fútbol modesto de antes do payperview.
O partido de derby total.
Tivo de todo. Felicitar o Toques (porque estaba invicto) pola sua entrega, hai que dicir que é novo na categoría. Ten mérito.
Vin caras amargas pola derrota, sobre todo en Carrril. Que foi ben expulsado. Dicir de este xogador que con toda a ilusión segou o campo axudou a pasarlle o pisón e pintou as liñas de cal (nunca vin unhas tan rectas nesta liga) con rodillo porque se lles escarallou o maquinillo. Todo o teu pobo apoiando e perder. Jode. Ánimo Toques que estades empezando.
E Noraboa ó meu Cire que por fin nos deu unha alegría boa despois de moitos anos.
Estamos nuna nube a ver se non nos vai baixar de jolpe o San Martiño o vindeiro domingo.

Ghaiteira disse...

Enhoraboa ao Cire. A verdade é que era ao primeiro partido que iba este ano (por non decir en moitos anos) e a ver se me animo a ir a algún máis porque a verdade é que mereceu a pena. Moita xente no Municipal animando tanto a uns coma aos outros, espero que non sexa a última vez que se congrega tanta xente no campo.
Darlle la noraboa ao Toques porque coma ben di Riki, ten moito mérito que estén donde estén e fagan o que fagan por ser novos na categoría.
E a seguir así!!

Anónimo disse...

Quen diantres e "ghaiteira"

Anónimo disse...

a verdade e que fixemos un partido que nin nos mesmos nos imaginabamos, estivo todo moi ben flipamos coa xente que estaba no municipal(como ben dis ti)uns animando ao CIRE e outros ao Toques.Pidolle disculpas outra das moitas veces que llas pedin ao chaval (que agora nn me acordo do nome)por poñerme como me puxen con el a verdade e que se me foi a cabeza, tamen darlle a enhoraboa a Carril, Mateo e os que axudaron a ter o campo en tan boas condicions un saudo a toda a xente do Toques, e felicitacions para os meus compañeiros pola victoria Forza CIRE jeje somos azuis outra vez.Riki gracias por animar e por ter un blogg para poder

Anónimo disse...

[url=http://kaufencialisgenerikade.com/]cialis[/url] billige cialis
[url=http://acquistocialisgenericoit.com/]cialis[/url] vendita cialis
[url=http://comprarcialisgenericoes.com/]cialis[/url] venta cialis online
[url=http://achatcialisgeneriquefr.com/]cialis prix[/url] cialis prix

Anónimo disse...

[url=http://kaufencialisgenerikade.com/]preise cialis[/url] bestellen cialis
[url=http://acquistocialisgenericoit.com/]generico cialis[/url] cialis senza ricetta
[url=http://comprarcialisgenericoes.com/]cialis[/url] cialis
[url=http://achatcialisgeneriquefr.com/]acheter cialis[/url] vente cialis