MELIDAOS NO MUNDO-MUNDIAL.
Lendo o semanario gratuito que edita o Grupo Correo, e que leva por medieval nome "Tierras de Santiago", canto mellor sería "Terras de Compostela". Mais poético e todo. Pero bueno, hai xente que ó xornal cabeceira deste grupo xa lle chama "El Correo Manchego" así que...
Pois botandolle unha ollada ó newspaper atópome que na sección "Gentes" e baixo o epígrafe "Emprededoras" sae unha melidá da xeración do 79. (que ano tan bon)
Sonia Seoane, Doutora en Xornalismo pola USC e que xa leva uns anos laborando en Arzúa (antes na radio municipal e agora como xefa de prensa do concello).
Senón foran abondosos os motivos polos que saíres na prensa a causa prinicpal do artigo resulta ser unha ponencia de Sonia (La democratización de la administración en el ámbito local (Ayuntamiento de Arzúa) que se leu en México no "Congreso Internacional de Desarrollo e Investigación Sociocultural" .
Noraboa a Sonia polo seu traballo.
Anécdota: Fixarse que entre Sonia e o cassette hai un "díp-tri-tico" de Lamatumbá.
quinta-feira, novembro 09, 2006
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
4 comentários:
Noraboa Sonia (e tamén polos gustos musicais). Efectivamente, amigo riki, que bo ano e que boa xeración a do 79, aínda que un por cousas de vida saíse sempre un ano descolocado.
dende arzúa, non podería ser doutra maneira que darlle tamén a n´oraboa a esta muller polo seu formidábel traballo.
A seguir así.
Oes Riki, ocorreuseme mentres ollaba este artigo, porque non te animas a facer una sección no blog do tipo "Que foi de" ou "Onde anda...) da xentiña da comarca (Meu benquerido Samsagaz Gamyi, onde vai o Frodo? :-)) na que contes dos que andan pola esta-nosa "boliña azul" na procura de "tesouros" e vida. Deixo a luba no chan e fito (amistosamente) cara quen ouse recollela. A idea e gratis, os cubatas de Ron están a 4,50 :-)
recollerei a luba, pero has ter que contentarte cun dyc-cola, no bareta de boente. jaja veña
Enviar um comentário