terça-feira, novembro 21, 2006

O CIRE ESTÁ IMPARABLE
Supoño que a maioría de vos xa estará informado, senón botádelle unha ollada ó blog de Quintás de Palas onde nos informa da terceira victoria consecutiva do Cire por 0-2 a domicilio no campo do San Martiño, aló en Cerceda, pasando A Silva.
Partido de oficio no que o Cire foi inmensamente superior ós locais.
Abriu a lata o mediocampista azul, Miguel de Folladela, Miguito cun tiro sorprendente de falta onde colaborou algo a defensa e o porteiro sanmartiñano. Na volta de ver o rubio melidao deberon pensar que era o caféconleite de Roberto Carlos.
En homenaxe ó cuñadísimo de Pedja ,dedícolle este parecido i-rrazonable con Michelle Brown, Franco de "Paixón e gavbiáns". Fuego en el cuerpo folladeliano.
Noutra orde de cousas, no partido houbo unha situación cómica e tráxica ó mesmo tempo. Ë malo para o equipo que "Pedja" Tarrío aínda non mollase nesta liga.
O tanto que fallou o outro día é unha mestura de todos os que vades a ver, se queredes, no video que vos deixo do YOU-TUBO. Só queda desexárlle sorte e que "siga buscando" como o que saía nas pegatas dos chicles.
Dicirlle a Alberto tamén que a portería nosa é a "dalá" non a "dacó". :)
A Jechu que siga forzando penalti, a Iker "Perillas" (un dos membros do clan "Violadores del Versus"-conxuntamente con Pájaro-) que siga parando como sabe.
E o resto do equipo que lle fagan caso a Luis Eugenio "Famoso" e que o sigan facendo igual de ben. Porque esta tempada volta ser AZUL.
PD: O récord das últimas 10 tempadas de puntos, se non me engano, debe ser o do ano pasado de vintaepico puntos. A por el, xa na primeira volta..

23 comentários:

Anónimo disse...

Como podedes ver riki estase a volver moito máis agresivo nos seus comentarios, será que carece de imaxinación e inxenio para enfocar o blog nun sentido máis positivo. Os goles chegarán para pedja sin duda algunha, esta moi activo no xogo e nos últimos partidos tivo un índice de protagonismo elevado cousa positiva para o equipo a vista dos resultados... os numeros falan... Pedja nunca foi un goleador senon que derrochaba caracter e carisma pero a de marcar goles como non ainda que non sexa a sua principal tarefa debido a sua posición.
Decir tamén que o de Alberto foi un lance do xogo, e que o outro día fixo o mellor partido da temporada. O Cire está nunha dinámica ganadora e o outro día demostrouno con máis oficio que o rival.
PD: Pedja fallou o gol pero aclarar que iba dentro e parouna o porteiro que recordou o mesmesemo Van Vreukelem jajajja

Ghaiteira disse...

O de Miguito xa nn é a primeira vez que o oio, e a verdade é que ten certo parecido... O outro día non me acordo a quen vin na TV que se me pareceu moito a non me acordo tampouco quen... (debe ser a idade) e pensei "esto teñollo que comentar a Riki" pero morreu no ar (ou na guerra civil) a ver se me lembro dese outro parecido (ir)razonable...
Ala, un saúd0!

Anónimo disse...

Tarrío doeúche o comentario "é malo para o equipo que "Pedja" aínda non mollase". Pois haber quen me dique non scute é certo.
Sabes que pasa, que cando tivéches "a ocasión" (na segunda parte) estabas un pouco canso (acórdaste, casa moro¡¡¡)e non atinaches co marco rival(o porteiro estaba buscando jrillos). Ese gol suporía o 0-2, é dicir o gol da tranquilidade.
Imáxinate que antes de provocar o penalty Jechu nos empatan nun corner (era díficil porque eran mais mansos...), sen ir mais lonxe esto pasábamanos o ano pasado a cotío. Por iso digo que iste ano hai mais oficio. Non discuto a calidade de Alberto, o gran capitán, só faltaría.
Sei que dicir Tarrío é dicir polémica constante.
Por eso voute retar a que cales o meu comentario no terreo de xogo peante o Encrobas o vindeiro domingo.
Xa sei que na tua demarcación non tes que ser o goleador do equipo. Pero o teu ídolo no Valencia meteu 56 goles en 104 partidos.
O primeiro ano no Madrid xogou toódlos partidos de liga e meteu 14 goles. Nos outros dous anos no madrid entre liga, copa e champions (incuído o gol da 7ª) sumou 30 mais.
Estou perdendo imaxinación pero ti estas perdendo "olfato de gol". ¿Que hai daquela tempada que xogaches no CD Palas na que fuches o pichichi dos celestes?
Tarrío menos......y mas......
Veña cuidate, e deixa o pádel.

Anónimo disse...

Certo é que me gusta a polémica, pero por outra banda, decir que me parece moi ventaxista compararme cos números de un profesional campeón de Europa (os cales indican que no RM non era o home gol como eu dicía). De todos modos acepto o reto, con un par de cojones, e non che vou entrar máis o trapo nas tuas provocacións carentes de coherencia futbolística, ei falar no terreo de xogo, ou polo menos intentalo e que teñas que rectificar publicamente, e valo ter que facer por cojones me cago en todo xa me quentaches.
Ah! e polo menos non manipules, dando datos de máis, o ano que máis marcou foron 14 xa que o cire solo xoga unha competición os de copa e copa de europa non contan. Un abrazo, e deixa o basket que vas romper o taboleiro con tanta pedrada.

Anónimo disse...

Datos oficiais de Mijatovic co RM
Partidos:
90 en liga
15 en champions
9 en copa do rei
2 supercopa
27 amistosos

Goles: 44
O que é o mesmo, en 143 partidos 44 goles, é dicir: un gol cada 3,25 partidos.
Ainda así o tío era un futbolista excepcional (balón de plata por detrás de Ronaldo no 1997).
Riki Riki Riki non manipules a información. Xa sei que no Valencia marcaba máis pero o equipo que tiña o valencia xogaba pa el. Riki menos... y mas...

Anónimo disse...

Dicirlle a Tarrío, que faga un blog seu dunha p... vez que reflexe todas as súas inquietudes, porque iba a estar gracioso jajaja.

Anónimo disse...

Despois da grave acusación de manipulación de información, invítore Terry a que habrás os ollos e mire para arriba, 14 goles o primeiro ano e 30 mais nos seguintes. 30 + 14 = 44.
Ti pos 44, 44 é igual que 44? xa teño as miñas dúbidas, chámasme ventaxista e falseador da verdá, non entro ó trapo tampouco e agardarei na banda expectante a que o bon xogo que estás a facer (todo hai que dicilo, bon traballo nos últimos partidos) se traduza en gol. Non cho pediría se soupese que non o sabes facer.
Non vou ser tan pedante de falar de min mesmo e non penso rebatir un ápice o "deixa o basket que vas romper o taboleiro con tanta pedrada". Só che digo que hai que darlle ganancia a StarJim. Tamén che comento que trato o taboleiro con moita suavidade porque se non é polo seu apoio (eu como Pikolín)non conseguiría partidos de perto de 20 puntos, como o deste sábado en Sarria ou o outro día en Foz. Tamén che digo que non valeron para gañar que é do que se trataba.
Un abrazo patrón e mais rapidez no Google que de un "comment" a outro hai 37 minutos de distancia (12.20-12.57).
E non me digas que estabas estudiando. jajjaj, ala

Anónimo disse...

onde poño "habrás" debería poñer "abras".

pepetrola disse...

¡HAYA PAZ! JEJEJE...,que eu sepa nadie morréu x non marcar goles, ou si, o colombiano Escobar logo do mundial do 94, pero eso non pasara en Millí caralla, senón mellor xogar as canicas. Propoñovos unha sería reflexión, e entendo os dous postulados.

Anónimo disse...

Ok joseph, non haberá mortes pola "sequía" de Jackson Terry pero unha boa somanta de Emilio "o Ultra" podea levar e igual por unhas semanas non pode "meter o carro na pendella".
Eu dende aqui Tarrío comprendo o teu silencio e desexóte con todo o corazón que me cales a boca o domingo no campo á caron da Central de Meirama. Igual che da a vida o carbón que esta a beira do tereo de xogo. Veña

Anónimo disse...

Riki, eu pregúntomne: ¿é a min o que me gusta a polémica? eres un provocador. Non interpretes,que coido que sí, o meu silencio como se foses o gañador dunha guerra dialéctica, ou como se me faltaran argumentos para rebatirte, senón que teño mellores cousas que facer que discutir contigo algo que non sabes o que é: marcar un gol nun campo de fútbol. Xa dixera con anterioridade que non che iba entrar o trapo, e intentarei como en cada partido axudar o equipo o máximo e se é posible marcando algún gol, que conste que de igual forma o faría de non me estares a provocar toda a semana.
As miñas verbas son sempre dende o cariño que lle teño a Riki, non se me asusten os demáis.
Ah! polo da somanta de Emilio no coment.

rikimelide disse...

Tarrío case che conozo como se che parira-que me perdone Remedios- (así que non me chames a min polémmico nin provocador).
Outra cousa que empezou a historia esta?, imos ver eu como non teño argumentos para facer unha crónica do partido do Cire (xa che dixen que non a fago porque a fai Quintás e polo tanto é rebundante) poño moi por riba o mais destacado.
Palabras textuais:"O Cire está imparable", "o Cire foi inmensamentes superior ós locais" "partido de oficio".
Ben agora ben a polémica:
"no partido houbo unha situación cómica e tráxica ó mesmo tempo"
a ver quen mo nega, non sei se é para rir ou para chorar, balón que lle queda franco o 7 do equipo (teu ídolo non levaba o 8, é igual)na área pequena, só ten que empuxar con suavidad co interior co pé e o balón entraría mainamente na porta do San Martiño.
Non foi así e o esférico foi as nubes,por meterme contigo (porque sei como es) póñocho o video de youtube de grandes fallos do FÚTBOL PROFESIONAL.
Un gol fallao calquera.
Pero o que realmente che molesta, coido é. "É malo para o equipo que "Pedja" Tarrío aínda non mollase nesta liga"
É a miña opinión, precisamos os teus goles, porque eres capaz de facelo (eu nunca metín ningún cando xoguei, e xa non vou ter esa sorte).
Acabao o "post" con "Só queda desexárlle sorte que "siga buscando" como os chicles".
Reafirmóme nesa idea, Tarrío sei que o gol non o é todo, eu confórme con que xogues tan ben como o día do Toques. Pelexando, fozando, con toques de calidade individual, visión de xogo etc.
Pero como amigo que eres quero ver na tua faciana a satisfacción por volver a ver porta nun partido da terceria rexional (ou autonómica).
Mais flores e mais goles¡¡¡

Anónimo disse...

TERRI NO DO MARCAR UN GOL QUE LLE DIXECHES A RIKI TAS EQUIVOCADO RIKI SI SABE O QUE E MARCAR UN GOL E ADEMAIS PARA BEN SABER CO "C.I.R.E" NA NOSA ETAPA DE CADETES EU DE PRIMEIRO ANO E EL DE SEGUNDO QUITANDOLLE O POSTO A PEPE DO QUINTO(COSTOYA)NON ME ACORDO ONDE NIN CANDO PERO SOAME QUE ULGÚN MARCOU, POLO DA VOSA POLEMICA FUTBOLERA ESPERO TERRI QUE O DOMINGO OU MELLOR DITO DOMINGO TRAS DOMINGO CALES BOCAS, POLO BEN DO EQUIPO E POLO TEU ORGULLO PROPIO QUE SEI QUE O TES JEJE DEIXO ESTO QUE TEÑO MAIS COUSAS QUE FACER UN ABRAZO A TODOLOS QUE NOMBREI NESTE SIMPLE COMENTARIO(COMENTARISTA NON E O MEU JJJ )UN ABRAZO TARRIO

Anónimo disse...

ARMANDO JIIJJ

Anónimo disse...

aramndo mecanografías a dios¡¡¡ jaajja veña un saúdo, non sei si sería en santa cruz jaja

Anónimo disse...

Armando moitas gracias polo teu apoio incondicinal e por esos ánimos. Este domingo vou intentar marcar un gol, ainda que non é bo obsesionarse, e adicareicho a ti facendo un exercicio da amizade que nos une.
Riki non é bo recuar, non recues e menos ante un piltrafilla coma min!! non me tes que dar explicacións, o meu nivel de comprensión respecto os teus comentarios é absoluto e so se trata dunha polémica ben entendida de dous amigos que se estiman.Un abrazo.
PD: A ti tamén che gusta a polémica de carallo!! non o podes negar...lambón.

Anónimo disse...

Tarrío contigo e fácil que haxa polemica porque entras o trapo por menos de nada jajaja

Anónimo disse...

o anterior: hai que identificarse da a cara cobarde jejeje

Anónimo disse...

O anterior foi pájaro porque anda facendo comentarios doutros temas e as horas coinciden pilleite PLAYBOY DAS CUNETAS!!!! Da a cara cobarde...

Anónimo disse...

RIKI TES QUE FACER ALGO PARA QUE NON POIDAN ESCRIBIR ANONIMOS POR EXEMPLO SER USUARIO E OS DEMAIS NIN AUGA JEJEJE ESTA BEN QUE ASI SEMPRE AHI POLEMICA

Anónimo disse...

Eu identificome sempre¡¡¡ No comentario anterior foiseme a pelota sintoo..E agora pa' remendalo vou romper unha lanza a favor de J.Tarrio.Hai que salientar o compromiso que ten co cire nesta tempada, xa que onte chovendo chuzos de punta presentouse no campo de vilasantar vindo desde A Coru (nenu) expresamente a entrenar xa que nin tan sequera foi ver a Manolo nin a Remedios...Ahí queda eso.

Anónimo disse...

gracias pola información "Playboy das cunetas" Larry Pájaro e sorte pa hoxe

Anónimo disse...

:: hola yo soy viviana y soy italiana pero estoy estudiando da un poquito el espanol. como estas? tu blog es muy bonito se te va vais a veer mi blog que es http://blog.libero.it/alternativi/ espero que te gusta. if you want write me a commento on my blog ciao escribe me ciao besos Vivi ;)